luns, 21 de setembro de 2015

ADEUS VERÁN...

Hoxe temos que dicirlle ADEUS AO VERÁN, para deixar paso á nova estación... O OUTONO!

A partir de agora estaremos atentos a todos os cambios que esta nova estación nos vai a traer. Cambios:
- na paisaxe
- no clima
- na roupa
- na alimentación
- nos horarios
- nos festexos
-...


Pero polo de agora... hoxe tivemos a sorte de poder despedir o verán gozando ao aire libre do momento de lecer. Esperemos que o outono non veña con moita forza e nós deixe desfrutar algo máis dun bo clima...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.