mércores, 30 de setembro de 2015

MÁIS E MÁIS PRODUCTOS DO OUTONO

A riqueza e a variedade de PRODUCTOS nesta estación do ano deixase notar na nosa aula, coas mostras que os pequechos van traéndo.

Sen dúbida a PROGRAMACIÓN é a base da práctica docente de calquera mestre, pero sempre ten que ter a "flexibilidade" suficiente para adapatarnos a calquera imprevisto que poida xurdir. Neste caso as aportacións que os alumnos fagan hai que aproveitalas ao máximo pois presentan oportunidades únicas de aprendizaxe. Ao sentirse protagonistas do proceso de ensino-aprendizaxe os pequechos están máis predispostos, moito máis motivados, prestan máis atención e como consecuencia a retención dos contidos é mellor.

SARA trouxo unhas poucas CASTAÑAS




ANXO CASTRO trouxo varios acios de UVAS de tres clases diferentes.



MATEO trouxo unha CESTIÑA cunha gran diversidade de productos, que un a un fomos describindo e para saber un pouco máis sobre eles empregamos a técnica dos 5 SENTIDOS, pois así a aprendizaxe é máis ampla, máis atractiva e moito máis motivadora: primeiro observamos o producto, logo escoitamos a explicación e despois: tocamos, ulimos e probamos.




GRANADA é unha froita típica do outono, que recibe o seu nome porque está composta por "grans", como puidemos comprobar ó abrir unha pola metade. 







O POMELO é unha froita que pertence á familia dos CÍTRICOS: laranxa, mandarina, limón, lima...
Parece unha laranxa por fora, aínda que a súa pel é máis clara, por dentro, a pulpa ten un ton alaranxado moi intenso, tirando case a vermello, e o seu sabor é moi acedo.





O MARMELO non se come en crú, senón que se emprega para facer o doce que leva o seu nome, e que xunto co queixo conforma un postre típico galego.
Para facer o DOCE DE MARMELO hai que trocealo (pelalo é opcional) poñelo nunha pota ao lume, cubrilo con auga e botarlle azucre.




CABAZA é algo moi representativo desta estación, sobretodo porque dentro dun mes escaso celebraremos o SAMAÍN, festexo que ten este vexetal como protagonista.
Hai moitos tipos de cabazas que máis adiante iremos coñecendo (a medida que se achegue esa data).
As cabazas empréganse en cociña entre outras cousas para facer pures de verduras, cremas de cabaza, e diversos postres coma o biscoito de cabaza.
Ademais algunhas cabazas teñen PIPAS dentro (estas da foto prestoúnolas a profe Mada). 


Sen dúbida o outono vai ligado aos COGOMELOS, xa que os bosques galegos énchense de diferentes tipos destes fungos. Pero MOITO OLLO, xa que non todos son comestibles, hai moitos velenosos, por iso se non os coñecemos ben, non debemos collelos.



Coas froitas que trouxeron hoxe, fixemos un pequeno BUFET LIBRE na hora da merenda a media mañán, para que aqueles que quixesen collesen e comesen (de novo o día cadrounos xenial, xa que dentro do noso menú saudable os mércores son o día da FROITA)



Con todos os PRODUCTOS DO OUTONO que os ALUMNOS foron traendo estes días, fixemos unha pequena mesiña, ao lado da mesa grande do outono, que a complementa. Os peqechos que trouxeron algo, fixeron unha etiqueta co seu nome para colocar ao lado dos seus productos. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.