mércores, 2 de setembro de 2015

VISITA A PONTECESURES

O vindeiro VENRES 4 de Setembro, a partir das 11.00 estarei polo cole para desexarlle un bo inicio de curso aos meus antigos compañeiros e tamén para ver aos pequechos e as familias que desexen acercarse a saudar.

Levarei conmigo os PENDRIVE nos que grabei as FOTOS do curso pasado. Os que non poidades vir, deixareinos en Administración e poderedes pedirllos a Asun.

Os que vos esquecéchedes de darmo, podedes traelo e venres sen nengún problema.

Estou desexando ver canto medraron os meus pequechiños e darlles una aperta enorme. E de paso darlle moito ánimo para que comecen o curso ilusionados.

Espérovos o venres!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.