luns, 29 de xuño de 2015

METEOCESURES

Ao longo deste curso, varios grupos do CPI de PONTECESURES realizamos diferentes "experimentos" e actividades relacionados coa METEOROLOXÍA, inmersas todas dentro do Plan Proxecta, no seu apartado de Meteoescolas. No noso centro, e baixo a coordinación de Jacobo, o mestre de Bioloxía de E.S.O., bautizamos este proxecto co nome de METEOCESURES.

Como xa sabedes, A AULA DE BERE, alá polo mes de Abril, realizamos o experimento de observación:

"EN ABRIL, AUGAS MIL"


Aquí vos deixo algunha das "experiencias metodolóxicas" que os demais grupos realizaron:

"METEO-RIMAS"


"A LEI DO BALLOT E O FUME DA FINSA"



"O TEMPO E A LAMPREA, 1ª PARTE"



"RECOLLIDA DE DATOS"



"AO ABEIRO DOS CARBALLOS"

domingo, 28 de xuño de 2015

PARA BERENA...

O día que vos reunín ás familias para darvos a noticia da miña "partida", recibín unha sorpresa inesperada por parte das miñas compañeiras...

Un video dos meus PEQUECH@S...

PARA A PROFE BERE

Sego dándolle voltas intentando saber como conseguiron gravalo sen que me decatase... pero foi o mellor agasallo de despedida que me puidéchedes facer!

Moitas grazas profes PATRI, ANA e CHELO!

venres, 26 de xuño de 2015

11000 VISITAS

Motísimas grazas por seguir entrando no blog cada día!




Debido a que o tribunal me absorbe, dente primeira hora da mañá ata a noite,  nono podo facer tantas publicacións como me gustaría. Aínda así intentaro buscar a maneira de escribir de vez en cando! Espero que me comprendades...

Por iso sínto unha enorme alegría cando cada día vexo a gran cantidade de visitas que recibe o blog, a pesar de que ca rematou o curso escolar.

SODES XENIAIS!

mércores, 24 de xuño de 2015

LÉVOVOS SEMPRE CONMIGO!

CANTO VOS BOTO DE MENOS MEUS PEQUECH@S!

Durante este tempo no que estou metida de cheo no "tribunal de oposición", acórdome de vós todos e cada un dos días, xa que ademais de no meu CORAZÓN tamén vos levo na miña MAN...



O mellor agasallo que "OS MIÑAS MAMÁS E OS MEUS PAPÁS" me puideron facer!


martes, 23 de xuño de 2015

NOITE DE SAN XOÁN

Hoxe é a noite máis curta do ano, unha noite máxica, unha noite meiga, onde o lume é o gran protagonista.




Saltade a CACHARELA...




Comede SARDIÑAS....

"Polo San Xoán,
a sardiña molla o pan"









Dicide o conxuro da QUEIMADA...












E pola mañá lavade a cara coa AUGA DAS 7 HERBAS de San Xoan...




FELIZ NOITE DE SAN XOAN!

domingo, 21 de xuño de 2015

VACACIÓNS!

1, 2, 3... GRAVANDO!


Como non podía ser doutro xeito, non podíamos rematar o curso sen un dos NOSOS VIDEOS, nete caso unha curtametraxe relacionada co final de curso e coas vacións de verán...

¡EL VERANO YA LLEGÓ!



CHEGOU O VERÁN!

Hoxe comezou oficialmente o VERÁN.


A estación máis divertida de todas, xa que chega o sol, o calor, os días largos, acostarse tarde, non madrugar, ir á praia, á piscina, comer xeados...

Pero... tamén haberá que traballar algo, non?

Estas son as TAREFAS DE VERÁN que debedes facer:

* Facede a vosa propia festa da auga coa vosa familia e amigos.
* Salpicade a mamá e a papá na praia.
* Enterrádevos na area.
* Facede castelos de area ou calquera cousa que vos imaxinedes.
* Xogade ao aire libre.
* Rídevos sen parar.
* Gozade dun picnic en familia.
* Quedádevos a ver o aterdecer.
* Observade as constelacións nunha noite estrelada de verán.
* Cantade con todas as vosas forzas mentres viaxades en coche.
* Bailade ata caer rendidos ao son das cancións do verán.
* Tumbádevos no campo a observar as nubes buscándolle parecidos.
* Comede un xeado un día de moita calor apurando para que non se vos derreta.
* En definitiva... PASEDEO XENIAL!


FELICEVACACIÓNS.


"Verano, verano , verano,
me esperan la playa el sol,
ya llegan las vacaciones
porque el cole ya terminó"



venres, 19 de xuño de 2015

FIN DE CURSO

Parece mentira o rápido que pasaron os meses, e sen darnos conta o curso chegou ao seu fin!

Meses cargados de aprendizaxes, experiencias, vivenzas, traballos, conmemoracións, celebracións, saídas... e agora toca gozar dun merecido descanso.

Hoxe celebramos ao grande o FIN DE CURSO! para despedirnos dos mestres e dos compañeiros antes de comezar as VACACIÓNS DE VERÁN.

Unha FESTA por todo o alto...

Con COMIDA...



Con MÚSICA...



E con CONFETI!



O peor foi a despedida. Despios do día tan emocionante que vivimos onte, hoxe despedímonos cun amargo ADEUS... ainda que xa vos dixen que é un ATA SEMPRE!



* Deixamos pendente un reencontro para setembro!

EXTRAÑAREIVOS MOITÍSIMO... 


DESPEDIDA...

Hoxe era un deses días de sentimentos encontrados... moita tristeza ao saber que era o día no que nos tiñamos que despedir, pero, por outra banda, tamé, era un día que desexaba compartir con tod@s vós.

A mañán comezou coma cada día, coa encarga pasando lista (alumnos e familia), e realizou as rutinas diarias, para que así puidesedes ver como comezaron cada un días de cole dos vosos peques. 

Unha maneira de "entrar en calor" para en seguida poñernos mans á obra e "romper o xeo" facendo PLASTILINA CASEIRA.
Mamis, papi e avoas tocoubos enzoufar as mans.



Creo que foi unha boa idea para que relizarades unha actividade conxunta, divertida, entretida... pois non hai nada mellor que compartir momentos así.

E despoís de "amasar" tocou poñerse a crear... Compartíchedes cores, mesturáchedes, estiráchedes a plasti e déchedeslle un mónton de formas super chulas.


Pero de repente... cunha "falsa alarma" e compinchadas coa profe Patri fixéchedesme saír da aula, e ao volver e abrir a porta... Estábame agardando un PASILLO DE ROSAS fromado polos meus alumnos. A emoción, que xa estaba a flor de pel, non tardou en aflorar...



Un descanso para repoñer forzas cun pouco de biscoito, torata de mazá (cortesía da avoa de Bruno) e uns gusanitos... 


Pero de novo mentres proxectaba en primicia o video do verán que grabaramos cos peques, argardáchedes o xeito de volver a sorprenderme... e de que xeito!

Unha fofucha personalizada, unha bolsiña cun agasallo, e un libro moi especial, xa que cada páxina contiña as fotos e as palabras de agrdecemento dos "meus peques".



Sentarme, abrilo, comerzar a ler e chorar... foi todo unha!


Pero a vosa poesía final, de recoñecemento con palabras de cariño foi precioso e moi emocionante. 

Eu tamén preparara unhas palabras para vós, que me costou decir porque ás bagoas, a emoción e a pena, non me deixaban (por iso tamán vola din impresa


Eu tamén tiña uns agasallo para eles, para que se acorden sempre de min e me teñen presente!



Rematado este día tan so me queda agradecervos todo o que fixéchedes por min: empezando polo gran esforzo que fixéches por buscar a maneira de dedicarme toda a mañán, polas vosas palabras que me fan sentir un gran orgullo e unha inmensa satifacción, polas vosas apertas cheas de cariñoe polos vosos agasallos que foron incríbles.





GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS...

Estaría dándovos as grazas eternamente.


Sabedes que podedes contar conmigo para todo o que necesitedes, para iso vos dei o meu correo e mou número de móvil. Pois espro manter o contacto a pesar de ter que marchar.



mércores, 17 de xuño de 2015

MAÑÁN...

XORNADA DE PORTAS ABERTAS




Espero poder contar coa presenza das "mamás", "papás", avoas, avós ou familiares que se queiran acercar pola nosa aula para compartir a xornada con nós.

Espérovos coas portas e os brazos abertos!

LIBRO COLABORATIVO

Aquí tedes o resultado final do LIBRO COLABORATIVO que comezou en 3 anos pasou por todos os cursos para rematar en 6º B. 

Ao final conseguimos converternos en escritores e crear unha historia moi couriosa e divertida.








10000 VISITAS!

Incrible o número de visitas, pero máis incrible todavía o tempo record no que as conseguimos.

De novo nada houbese sido posible sen vós... Sobretodo as familias dos meus pequechiños!

10000 GRAZAS!



martes, 16 de xuño de 2015

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

CHEGOU O GRAN DÍA!

Por fin marchamos de 
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Despois dunha noite de nervios, chegamos puntuais ao cole para gozar dun día que levábamos agardando todo o curso...

Entramos no hall do cole para gardar as bolsas do almorzo e colacar os nosos panos laranxas as excursións...


Subimos ao autobús e emprendemos rumbo A CORUÑA!

Fíxosenos algo largo a viaxe porque estábamos desexando chegar.

A nosa primeira parada foi o acuario:

ACUARIUM FINISTERRAE



Vimos un montón de peixes e aprendemos un montón de cousas, que a nosa monitora Mari Carmen nos foi contando durante o noso percorrido polo acuario.



Baixamos para "montarnos" no SUBMARIÑO NAUTILUS e descender ao camarote do CAPITÁN NEMO, onde quedamos abraiados co gran tanque que había cheo de peixes de diferentes especies e tamaños: meros, lubinas, besugos, rodaballos... e quenllas (tiburóns).


Pero xusto baixando recibiunos nadando xusto diante nosa un "TIBURÓN TORO" chamado GASTÓN. Era enormeeeeeee!


Despois puidemos ver "en vivvo e en directo" como alimentaba ás FOCAS.



Ao rematar a nosa visita polo acuario repuxemos forzas comendo unhas "deliciosas" galletas.



Puxemos runmbo á TORRE DE HÉRCULES.




A caminata ata a parte máis alta da torre abríunos o apetito e pedímoslle ás nosas conductoras que nos levasen ao MONTE DE SAN PEDRO para comer, saborear uns ricos xeados...




E xogar no PARQUE!



E despois tocou volver ao cole. Tan cansadiños acabamos, que no autobús moitos botamos unha sesta...

Ao chegar as nosas familias estábannos agardando!

FOI UN DÍA XENIAL!

luns, 15 de xuño de 2015

NOTA: EXCURSIÓN

Recordade que mañán MARCHAMOS DE EXCURSIÓN de fin de curso.

* Sede puntuais.
* Que traian roupa e calzado cómodo.
* Traer unha bolsiña de plástico coa comida e cunha  botella de auga.
* NON fai falla traer MERENDA para a media mañán. Xa levamos galletas as mestras!
* Chegaremos sobre as 17.30 horas.


PASARÉMOLO EN GRANDEEEEEE!

3,2,1... GRAVANDO!

Como xa sabedes, este curso fixémonos ACTORES e ACTRICES "profesionais" e xa levamos unhas cantas curtametraxes ás nosas espaldas.

Así que para rematar o curso non podía ser menos...

Aquí vos deixo un pequeno adianto... Pero teredes que esperar ao remate desta semana para ver a gravación!



Eu estouno desexando... e vós?

sábado, 13 de xuño de 2015

XOGANDO NOS RECUNCHOS

Unha das RUTINAS diarias da nosa aula é o xogo por RECUNCHOS:

* BIBLIOTECA: con libros, marionetas e títeres. (Tamén se transforma no recuncho do proxecto, no que este curso garda todos os materiais relacionados cos ANIMAIS que os alumnos trouxeron das súas casas).

* PUZZLES E ENCAIXABLES: de diferentes materiais e formatos. (Tamén inclue a zona da pzarra magnética con puzzles de imán e letras e números magnéticos).

* COSTRUCCIÓNS: con todo tipo de pezas diferentes, e ademáis coches, ferramentas...

* ARTÍSTICO: con todo tipo de materiais plásticos, para que deixen aflorar a súa vena creativa: temperas, ceras brandas, rotuladores, todo tipo de papeis... tamén inclue a plastilina.

* COCINIÑA: onde poden realizar todo tipo de xogos relacionados coa casa, a famila, cociñar, coidadr dos nenos...

Contamos con 5, un para cada día da semana, e un sistema de tarxetas de cores, coas fotos de cada neno e a cor de cada recuncho, de xeito que cada día elixen en que recuncho queren xogar, e ao rematar a semana pasan por todos os recunchos.

Comparten xogos, crean situacións cos xoguetes de cada recuncho, inmaxinan historias e convértense en diferentes personaxes...

PÁSANO EN GRANDE!