Aquí vos deixo un novo vídeo para promover a actividade físicadurante o confinamento.
ÁNIMO!
"Todas as aprendizaxes máis importantes da vida, fanse XOGANDO".
Francesco Tonucci
ACTIVIDADES
FÍSICAS 5
INSTRUCIÓNS
XOGO
DA OCA
(HABILIDADES BÁSICAS)
* Este xogo está recomendado para persoas de TODAS AS IDADES, con ganas de pasar un rato divertido facendo algo de actividade físicae así matar o tempodurante este
confinamento.
Para poder
xogar a este peculiar xogo da OCA,
precisas o seguinte material:
ØTABOLEIRO
ØFICHAS
ØDADO
ØTABOLEIRO:podes empregar un taboleiro
clásico dun xogo da oca que teñas pola casa, ou, no caso de non ter, podes
elaborar o teu propio taboleiro.
Para elaborar o teu propio taboleiro non esquezas:
- Debe ter 63CASAS(casillas).
- OCAS nas casas: 5, 9, 14, 18, 23, 27, 32, 36, 41, 45, 50, 54 e 59.
* Se caes nunha casa de oca, avanzas ata a seguinte oca do taboleiro e
volves a tirar. “DE OCA A OCA E TIRO PORQUE ME TOCA”.
- PONTESnas casas: 6 e 12.
* Se caes na casa da ponte debes ir á outra ponte (pode ser cara adiante se caes
na 6, ou cara atrás se caes na 12). “DE PONTE A PONTE E TIRO PORQUE ME LEVA
A CORRENTE”.
-POUSADAna casa: 19.
* Se caes nesta casa, debes estar 1 quenda sen xogar.
-POZOna casa: 31.
* Se caes nesta casa, non podes volver a xogar ata que outro xogador pase
por esa casa.
- LABIRINTOna casa: 42.
* Se caes nesta casa, debes retroceder á casa 30.
- CÁRCEREna casa: 56.
* Se caes nesta casa, debes estar 2 quendas sen xogar.
- DADOSnas casas: 26 e 53.
* Se caes nalgunha destas casas, debes avanzar ou retroceder á outra, e
volver a tirar. “DE DADO A DADO E TIRO PORQUE ME TOCOU”.
- CAVEIRA
na casa: 58.
* Se caes nesta casa, debes volver á casa 1.
- XARDÍN
DA OCA na casa: 63.
* Para chegar á ultima casa e entrar no xardín da oca debes sacar o número
xusto no dado. Se sacas un número maior deberás retroceder tantas casas como
puntos sobrantes.
* Pode haber variacións nas
casas dalgún taboleiro. Antes de elaborar o xogo comprobade por si tedes que
facer algunha modificación.
ØFICHAS:podes
empregar as fichas clásicas dun xogo da oca (os círculos de cores). No caso de
non ter, podes elaborar os túas propias fichas, ou empregar algún obxecto
pequeno que teñas a man.
vQuen comeza a xogar?
Comezamos cun reto:
Todxs os xogadorxs deben intentar manter o equilibrio sobre o seu pé non dominante (xs destrxs sobre o pé
esquerdo e xs zurdxs sobre o dereito).
Quen sexa quen de aguantar máis tempo, gana, e será o primeiro en tirar para
comezar a xogar.
As quendas continuarán seguindo o xiro das
agullas do reloxo.
Tírase o dado e avanzas tantas casas como indica a puntuación. Les nas
instrucións o reto correspondente á casa na que te atopas, se pasas o reto,
ficas na casa, se non o pasas, debes retroceder á casa na que estabas (antes da
tirada).
HABILIDADES BÁSICAS DAS CASAS
1
SAÍDA
2
Salta 5
veces á pata coxa co pé dereito.
3
Aguanta
o equilibrio 5 segundos empregando 3 apoios.
4
Xira
rápido, 4 veces sobre ti mesmx e intenta camiñar en liña recta.
5
OCA
6
PONTE
7
Bota un
balón 8 veces seguidas coa man dominante.
8
Lanza o
balón ao aire e da unha palmada antes de collelo.
9
OCA
10
Déitate
no chan e roda como unha croqueta 3 veces.
11
Pasa o
balón arredor do teu tronco, dunha man a outra.
12
PONTE
13
Repta
como unha serpe.
14
OCA
15
Canta o
retrouso da “Macarena” mentres fas o baile.
16
Salta alternando pé dereito
e pé esquerdo mentres recitas os meses do ano.
17
Aguanta
o equilibrio 5 segundos apoiando un pé e unha man.
18
OCA
19
POUSADA
20
Camiña
como un cangrexo.
21
Sentado
no chan, apoia mans e pés e eleva o traseiro.
22
Salta 6
veces mentres abres e pechas pernas e brazos.
23
OCA
24
Camiña
como un equilibrista.
25
Aguanta 5 segundos o
equilibrio sobre o teu pé non dominante coa outra perna estirada cara atrás.
26
DADO
27
OCA
28
Salta á
pata coxa mentres recitas os días da semana.
29
Déitate
de lado e abre e pecha unha perna sobre a outra 8 veces.
30
O CHAN É
LAVA! Tes 3 segundos para subirte a algo e que os teus pés non toquen o chan.
31
POZO
32
OCA
33
Tes 5
segundos para tocar unha cousa de cor amarela.
34
Baila
imitando a unha bailarina de ballet.
35
Lanza o balón
ao aire, deixa que bote 1 vez e recólleo.
36
OCA
37
Bota o
balón cunha man e pásao por debaixo dunha perna (3 veces).
38
Canta “O
galo canta” facendo os xestos mentres saltas á pata coxa.
39
Senta no
chan coas pernas xuntas e estiradas e intenta tocar as puntas dos pés.
40
Tes 5
segundos para tocar unha cousa de cor azul.
41
OCA
42
LABIRINTO
43
Déitate
boca abaixo, eleva as pernas e os brazos estirados e xuntos (aguanta 5
segundos).
44
Pon unha
man dominante detrás das costas e coa outra tira o balón ao aire e recólleo
sen que che caia ao chan.
45
OCA
46
De pé,
suxeita o balón entre os xeonllos e intenta dar 3 saltos cara adiante sen que
o balón caia.
47
Aguanta
3 segundos facendo equilibrio sobre a punta do pé.
48
Ponte de
pé coas pernas estiradas e os pés xuntos e intenta tocar a punta dos
pés sen dobrar os xeonllos.
49
Tes 5
segundos para tocar unha cousa de cor vermella.
50
OCA
51
Dá chimpos
como unha ra.
52
Camiña
sobre os talóns.
53
DADO
54
OCA
55
Lanza ao
aire o balón, da unha volta sobre ti mesmo e recólleo antes de que caia ao
chan.
56
CÁRCERE
57
Ponte a
catro patas, boca arriba e camiña sen caerte.
58
CAVEIRA
59
OCA
60
Imita a
un bailador de baile galego.
61
Aguanta
o equilibrio sobre dous pés e unha man mentres contas ata 10.
62
Tes 5
segundos para tocar unha cousa de cor verde.
63
XARDÍN DA OCA – CASA
FINAL!
* Podedes
simplificar as probas par adaptalas ás habilidades de cada pequenx.
** Se caes
nunha casa especial (oca, ponte, dado...)
non tes que facer ningún reto, pois ao tratarse dunha casa especial contas con
esa vantaxe.
*** Antes
de comezar a xogar, preparade todo o material
que ides precisar para facer os retos das casas.
**** Podedes
IMPRIMIR as instrucións
accedendo a un arquivo PDF que subín á páxina WEB do cole: