Aquí vos
deixo a entrega número 21 de ACTIVIDADES
FÍSICAS #EuFicoNaCasa.
Entramos na FASE 3 da desescalada,
pouco a pouco imos recuperando parte dos “privilexios” aos que tiveramos que
renunciar por mor da COVID-19. Paseniño pero con boa letra imos avanzando cara
unha nova normalidade, mais, debemos seguir sendo prudentes e responsables,
pois está nas nosas mans, nas mans de todas as persoas, axudar a conter este
virus. Conto con vós!
Achegámonos cara o remate do curso, cada vez queda menos, e no
ambiente déixanse sentir as boas vibras das vacacións. Aproveitade este bo
tempo para facer actividade física ao aire libre, pero sempre con precaución:
·
Mantendo a distancia social.
·
Tendo coidado para non sufrir
ningún accidente nin lesión.
·
Saíndo a horas prudentes nas que
non quente moito o sol.
Xa sabedes que a pesar de estar de estar na fase 3, nos imos a
seguir co noso lema ata o remate do curso.
“ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”
"Non importa o amodo que vaias
mentres sigas en constante MOVEMENTO”.
Confucio
"Aprendín que con cada DERROTA chega
algo construtivo”.
Tom Landry
ACTIVIDADES
FÍSICAS 21
XUNTOS ESTAMOS
A PARAR AO VIRUS,
PERO, O
VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.