Bruscamente tivemos que “enclaustrarnos”
nos nosos fogares para combater a un inimigo invisible que chegou para
transformar por completo as nosas vidas.
Pechamos as portas do cole cun “DEICA PRONTO” nos beizos e
cun gran pesar no corazón. Por aquel entón, aló polo mes de marzo (que lonxe
queda), ninguén podíamos sospeitar que en realidade a despedida sería un ADEUS...
Confinados, tentamos trasladar a escola a cada casa, para poder
continuar coa aprendizaxe a distancia e virtual. Todos puxemos o noso gran de
area, fixemos grandes esforzos: alumnxs, mestrxs e familia xuntamos forzas para
remar a contracorrente e saír a flote.
E XUNTXS, CONSEGUÍMOLO!
E case sen decatarnos, plantámonos na DERRADEIRA SEMANA do curso. Un
curso diferente, peculiar, especial, inesquecible... ÚNICO! Aínda que pensándoo ben... todos os cursos o son, mais,
salvando as diferenzas, unha pandemia global, dálle a este un matiz que o fai
realmente único.
O curso 2019.20 chega ao seu fin, e eu só teño palabras de
AGRADECEMENTO:
* Grazas por deixar que me colase nos vosos fogares a través dos
VÍDEOS DE ACTIVIDADES FÍSICAS e por converter as vosas casas en “ximnasios”
improvisados onde toda a familia vos animáchedes a practicar actividade física.
* Grazas por participar en todas en cada unha as iniciativas que
propuxen para facer un pouco máis levadeira o estado de alarma. Sen vós nada do
que fixen sería posible.
* Grazas por cada palabra de ánimo, por cada correo, por cada
videochamada... en definitiva polo contacto, que facía que me puidese sentir
preto do alumnado e de vós, as familias.
* Simplemente... GRAZAS!
Aquí vos
deixo a entrega número 22 de ACTIVIDADES
FÍSICAS #EuFicoNaCasa.
A derradeira entrega. O último vídeo. Con el, pecho unha etapa
na que me convertín en MESTRA VIRTUAL, na que aprendín moito e da
que desfrutei grazas a vós. Aínda así, preciso volver ao cole, ao ximnasio, par
poder vervos, poder interaccionar con vós, falar cara a cara, darnos apertas e
bicos reais e non virtuais, xogar e aprender xuntos... A ESCOLA É INSUSTITUIBLE!
Pero agora toca parar e coller forzas. Toca desfrutar do
merecido descanso, gañado a pulso polo esforzo realizado durante estes meses. Tocas
gozar das VACACIÓNS DE VERÁN!
Entramos na NOVA NORMALIDADE, pero lembrade que o virus segue aí e que non retrocedamos está
na nosa man.
Que o noso lema “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”, (a pesar de xa podemos saír) siga presente como símbolo de RESPONSABILIDADE.
ACTIVIDADES
FÍSICAS 22
“As
aprendizaxes máis importantes da vida fanse XOGANDO!”
F. Tonucci
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.