Aló polo mes de marzo, en pleno 2º
trimestre, as nosas vidas deron un xiro de 360º, e iso supuxo unha adaptación
repentina.
Foron tempos duros e difíciles para
todos...
Ø
Separados
en corpo pero unidos en alma.
Ø
Distanciados
en espazo pero xuntos en corazón.
Ø
Confinados
pero tentando que a escola se colase nos fogares.
Grazas a un esforzo colectivo de
alumnado, profesorado e familias conseguimos remar para intentar “salvar” estre
curso; e conseguímolo XUNTXS!
Meses de esforzo, de traballo, de adaptarse
a contrareloxo á ensinanza virtual, de comunicación a través de correos, de vernos
a través dunha pantalla...
O tempo foi pasando, de fase en fase,
camiño a unha nova normalidade; e sen decatarnos, chegamos ao día de hoxe...
19 de XUÑO
do 2020
DERRADIRO
DÍA
DO CURSO
Ø
Hoxe
poñémoslle punto e final a un curso ÚNICO.
Ø
Hoxe
finalizamos unha etapa INESQUECIBLE nas nosas vidas.
Ø
Hoxe
rematamos un curso marcado por unha PANDEMIA global.
Ø
Hoxe
agradecémosvos a todxs: ALUMNXS e FAMILIAS o voso esforzo, comprensión, implicación
e traballo duro.
Ø
Hoxe comezan
as VACACIÓNS!
Ø
Hoxe desexámonos
un BO VERÁN!
Ø
Hoxe “dicímonos”
ATA A VOLTA!
Fóra pesares, adeus tristuras, deica
pronto tarefas, ata máis ver madrugóns, VÉMONOS
Á VOLTA COLE!
BENVIDOS: verán, sol, calor, praia, piscina, río, días longos e noites
curtas, tempo libre, xogos na auga, baños ata engurrarse, xeados, pícnics, parasoles,
crema solar, castelos de area, saltar as olas, peles bronceadas, paseos pola
beiramar, sestas nas hamacas, picaduras de mosquitos, paseos en bici, merendas
cos amigxs, xuntanzas familiares, noites en vela, espertadores desconectados, lecturas
fantásticas, viaxes improvisados...
BENVIDAS
VACACIÓNS!
Non podemos vernos, non desfrutaremos
dunha despedida en persoa, mais non queremos que isto empane este momento tan
ansiado por todxs (este curso máis ca nunca).
Por iso, dende o CPI
PONTECESURES queremos
darlle a nosa peculiar benvida ás VACACIÓNS DE VERÁN!
Aquí tendes o VIDEOCLIP:
QUE CALÓR!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.