“POR UN MUNDO DE CORES!”
Era un mundo enorme, tan inmenso que
a gran maioría xamais o percorrería na súa totalidade.
Os habitantes dese mundo, eran exactamente
iso, habitantes do mundo. Habitaban
ao longo da súa extensión de terra ocupando diferentes e fermosos lugares. Cada
cal coas súas peculiaridades que o facían único e diferente, pero, ao fin e ao
cabo, todas as paraxes eran pezas dun mesmo crebacabezas...
Cada vez que un novo ser “chegaba” a
ese mundo, a súa pel semellaba unha paleta de pintor coa gama completa de cores.
Non faltaba ningunha...
Mais, a partir dese momento, co paso
do tempo, as cores ían esvaecéndose da súa pel, ata aflorar unha cor
dominante...
Habíaos negros, brancos, grises,
marróns, amarelos, pero tamén os había vermellos, morados, laranxas, azuis,
verdes,...
Casualidade, ou non, a gran maioría
dos novos seres remataban adoptando a cor dos seus proxenitores, ou do grupo de
seres cos que se relacionaba.
Había cores de moitos tipos: había
unha cor prepotente que se cría superior a todas, algunhas que sufrían
menosprezo, outras que eran intolerantes, unha que outra que era egoísta e sen
empatía...
Este mundo tiña miles de milleiros
de anos, e dende tempos inmemoriais había unha loita constante entre cada cor.
Co paso dos anos as cores máis
sensatas, comezaron a analizar drasticamente a situación que estaban a vivir:
emerxeron do seus adentros sentimentos como a empatía, a solidariedade, o
respecto, a equidade...
Observaron atónitos, como as súas
peles mudaban... emerxían novas cores, tinguíanse de novo.
Mais, algúns seres, os das cores
cargadas de prexuízos, estaban tan cegos, que non eran quen de ver esa
explosión de cor.
Paseniño, moi paseniño, moitas
xentes dese mundo tornaron en “multicor”. Uníronse e propuxéronse loitar para
conseguir que o seu mundo fose un lugar libre de rancor, de carraxe, de odio,
de rabia, de menosprezos... loitar para que todas as cores fosen iguais, coa
mesma valía, cos mesmos dereitos!
LOITAR
POLA EQUIDADE!
Berena
Fontela Turnes
4.xuño.2020
Non miremos para outro
lado. “Se non somos parte da solución somos parte do problema”.
Porque todos
pertencemos á mesma raza: A RAZA HUMANA.
Loitemos xuntos POR UN MUNDO DE CORES!
#porunmundodecores
#paremosoracismo
#georgefloyd
Sentinme na necesidade de escribir estas
verbas para mostrar o meu pesar ante os acontecementos que se están a vivir en E.E.U.U. despois da morte de GEORGE
FLOYD.
Realmente a min estes días tamén ME CUSTA
RESPIRAR!
Como educadora síntome na obriga de loitar para
que o meu alumnado medre dentro dun mundo de valores libre de discriminacións,
de calquera tipo: raza, sexo, relixión, orientación sexual... Para que a súa
pel e o a súa mente, sempre estean repletas de todas as cores.
Creo que a ocasión merece que comparta con
vós un vídeo que
realicei hai varios cursos co meu alumnado (por aquel entón de 1º, agora xa
de 4º de E.P.) para conmemorar o Día da
Paz, pero que debemos ter presente todos os días da nosa vida.
“LXS
NIÑXS QUEREMOS LA PAZ”
“POR UN MUNDO DE CORES!”
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.