luns, 1 de xuño de 2020

BENVIDO XUÑO!

BENVIDO XUÑO!

 

BENVIDO NOVO XUÑO...

 

BENVIDO UN XUÑO DIFERENTE...

 

BENVIDO O DERRADEIRO MES DESTE CURSO

TAN PECULIAR E ESPECIAL!

 

 

 

Hoxe dámoslle a benvida a XUÑO, o mes máis agardado, o mes polo que ten predilección o alumnado, o mes que lle poñerá o broche de ouro a un curso ÚNICO!

 

Todos os cursos son únicos e especiais, mais, este lévase a palma.

Ben é certo que o motivo de facelo único foi unha situación dura e complicada: un virus demasiado cruento que sementou o medo e a dor por todo o planeta.

 

Da noite á mañá, sen saber a que nos enfrontábamos, tivemos que refuxiarnos nos nosos fogares e romper coas rutinas diarias. As casas tornaron en improvisadas escolas, oficinas, ximnasios, zonas de xogo...

O TELETRABALLO entrou nas nosas vidas bruscamente. Todxs tivemos que adaptarnos a algo descoñecido, pero conseguímolo e saímos adiante.

 

Non pensabamos que isto ía a durar tanto, cando nos despedimos aló polo mes de marzo, dixémonos un ATA PRONTO, porque nin por asomo podíamos imaxinar que sería un ADEUS!

 

Non podemos volver ás aulas, o cole queda baleiro ata o novo curso. Os corredores foron silenciados e a tristura de non poder volver a vervos invade o ser de todxs os mestrxs.

 

Porén, debemos ser positivos. Sempre hai que buscarlle o lado bo ás cousas. Xuño trae consigo o remate do curso. Iso significa que pronto chegarán as tan ansiadas VACACIÓNS DE VERÁN!

 

É certo, que XUÑO trae consigo o olor a verán, as ganas de praia e de piscina, as longos días que parecen non ter fin e nos que custa moito coller a cama.

 

XUÑO é o preludio do que está por vir, e se sempre estamos desexosos de que chegue, este ano, despois de tanto tempo recluidos, aínda o estamos máis!

 

Sei que estades a quedar sen folgos, que estades cansxs despois de tanto tempo traballando a reo, que este estado de alarma está deixando unha pegada en vós, pero, non vos deades por vencidxs, non tiredes a toalla, cargade as pilas para afrontar esta recta final.

 

Ánimo para continuar co traballo estas tres semanas que nos esperan por diante. Un último esforzo, xa que a recompensa paga moito a pena.

 

* Como son consciente de todo o esforzo que levades facendo, de todo o cansancio e estrés acumulados, de que o voso ánimo vai en declive, no que queda de curso, tan só subirei UN VÍDEO SEMANAL de Actividades Físicas #EuFicoNaCasa, posto que agora, ao poder saír, a gran maioría estades aproveitando para facer algún tipo de actividade ao aire libre, e, ao fin e ao cabo, iso é o realmente importante.

 

Iso si... cando saiades á rúa, seguide sendo moi responsables e respectade as normas desta fase.

 

SAÚDOS e APERTAS virtuais para todxs!






 XUNTOS ESTAMOS A PARAR AO VIRUS,

  

PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.