sábado, 24 de decembro de 2016

BO NADAL!

Esta é a FELICITACIÓN DE NADAL d@s alumn@s de e de Educación Primaria do CPI de Pontecesures:


Os RENOS de Pontecesures:


mércores, 21 de decembro de 2016

FESTA DE NADAL

Hoxe foi o último día de cole do 1º trimestre, e celebrámolo cunha gran FESTA DE NADAL!








FELICES VACACIÓNS alumn@s e

BO NADAL familias!

martes, 20 de decembro de 2016

EQUIPOS

Durante todo o trimestre os 3 EQUIPOS da nosa aula estiveron acumulando puntos, que gañaban traballando, en concursos, diversas tarefas...

Hoxe chegou o gran día, no cal decidíase o equipo gañador:

Un consurso final de preguntas e respostas, a través das cales se poñía a proba os coñecementos que adquiriron ó longo do trimestre, foi o que definiu o gañador.


Cal se alzaría coa victoria?

SUPER ULLA
BUHOS NOCTURNOS
SUPER AMISTAD



Houbo intriga ata o último momento, pois ao facer o reconto, unha vez adxudicados os últimos puntos do concurso de hoxe, produciuse un empate entre SUPER ULLA e BUHOS NOCTURNOS.


Ronda de desempate e ...

BUHOS NOCTURNOS proclamouse coma equipo gañador do 1º trimestre.

Repartinlle os premios aos gañadores...

Pero os outros dous equipos tamén recibiron agasallos, pois o traballo e o esforzo en equipo, tamén merece ser valorado.



Tod@s contentos probaron os seus agasallos.


* Para o 2º trimestre, novos equipos con novos compoñentes e novos nomes, volverán a traballar xuntos para conseguir puntos e alzarse co título de mellor quipo do segundo trimestre.

luns, 19 de decembro de 2016

AS NOSAS COROAS DE NADAL

Cando días atrás, Roi, trouxo a coroa de Nadal para colocar na porta da nosa aula, nos puxémonos mans á obra para que cada peque elaborase unha para a porta da súa casa.

Xa que este ano apostamos pola reciclaxe, decidimos realizalas con material de refugallo, neste caso, os cartóns dos rolos do papel hixiénico. Cortámolos e pegámolos entre sí, para formar as coroas, e coma detalle, engadímoslle unha flor de pascua.

Pintaron con moito tino cada recuncho da coroa e tamén da flor: 



Este foi o resultado!



domingo, 18 de decembro de 2016

@ PROTAGONISTA DA SEMANA

Esta semana ZOE foi a protagonista, e día tras dís foinos contando cousas sobre ela, a súa familia, a súa casa...

Como xa tivemos varios protagonistas, puidemos establecer comparacións e analizar as diferentes informacións.

De cada protagonista podemos sacar diferentes situacións de aprendizaxe en torno a diversos contidos das asiganturas de ciencias sociais e naturais.



MOCHILA VIAXEIRA: BRAIS

A nosa MOCHILA VIAXEIRA voltou de facer a súa parada na casa de BRAIS, onde toda a familia puido gozar do seu contido. 



A valoración que lle deron foi positiva e Brais resaltou que os libros que máis lle gustaron foron "O delfín" e "El jardín del tío Martin". Deste último sacou a idea para ralizar a manualidade da ra coa axuda da súa nai.





Como á metade da semana que ben remata o trimestre e marchamos de VACACIÓNS DE NADAL, a nosa MOCHILA deixará de viaxar para gozar tamén dun pequeno descanso. Á volta estará preparada para marchar á casa doutr@ pequech@. 



venres, 16 de decembro de 2016

TALLER DE COCIÑA DE NADAL

Xa que se aquega a recta final do trimestre, e que hoxe é o último venres do mesmo, quixemos xuntar a o alumnado de 6º de E.P. co  de 1º de E.P. para realizar un taller de cociña temático, neste caso, sobre o NADAL (lembrade que no Samaín xe realizaron outro taller similar, conxuntamente).

* Intentamos levar a cabo actividades xuntos debido a que é importante para a realción e continuidade que ten que haber entre o remate da etapa de infantil e o comezo da de primaria.

Divididos en 2 grupos con integrandes mesturados de ambos niveis, realizamos "bocadiños" salgados e doces con formas de Nadal: estrelas, árbores, botas...


* Nun grupo realizaron os bocadiños salgados de xamón e queixo.

* Noutro grupo realizaron bocadiños doces de crema de avelás. 






* E de "broche de ouro"... unha fondue de chocolate con nubes. 





Mmmm ... para relamerse os beizos!


xoves, 15 de decembro de 2016

...?? (PARTE II)

Pero a que se deben esatas reunións "clandestinas" d@s alumn@s de e ... 


Sen dúbida algo grande estase a "cociñar"...


De seguro que pronto saberemos algo máis!

AMORODOS


ROI trouxo unhas plantas de AMORODOS, que a súa nai colleu da horta, para traer ó cole e poder plantalas e observar o seu proceso de crecemento.

Observamos a súa forma e cor; a peculiaridade das súas follas redondeadas e dentadas que saen en grupos de 3 do mesmo peciolo; puidemos ver varios amorodos en diferentes fases de crecemento, e tamén varias flores, que nun futuro serán amorodos.



PLANTACIÓN:


* Botamos terra nas macetas.
* Metimos as plantiñas.







* Engadimos abono.








* Rematamos de cubrir con terra.









* Trasladamos as macetas á nosa zona de "horto urbano" (na que permanecerán ata que na primavera preparemos o noso horto de verdade).




Buscamos INFORMACIÓN sobre esta planta:
* FRAGARIA
* Planta herbácea rastreira
* Froitos: AMORODOS (fresas)
* Follas en grupos de 3
* Flores brancas con 5 sépalos
* Planta perenne


ENCENDIDO DE NADAL

Nas grandes cidades e nos lugares de máis renome, coma Estados Unidos ou Pontecesures, xa realizaron o ACENDIDO DE NADAL, pero faltaba un dos lugares máis glamurosos: o CPI DE PONTECESURES.

O noso cole, non podía ser menos, e hoxe, a primeira hora da mañán, e soando panxoliñas a todo volume, acendemos as luces da entrada do edificio de infantil (no cal nos atopamos) e así comezaron tod@s @s pequech@s este día!


Agora xa podemos dicir iso de... 

BO NADAL!

mércores, 14 de decembro de 2016

...?

Que estarán "argallando" @s alumn@s de 1º?


Pronto o descubriredes...


martes, 13 de decembro de 2016

40000 VISITAS!

Número redondo! 


Ver como cada día entrades no blog para seguir o preoceso de ensino-aprendizaxe de "A aula de Bere" é o que me motiva para seguir publicando.

MOITAS GRAZAS!


luns, 12 de decembro de 2016

LEGUMES

O 2016 é o ano das LEGUMES e LEGUMINOSAS, por iso, antes de que remate, quixemos adicarlle un trato especial a este alimento tan importante na nosa dieta.

Aproveitamos para enmarcar este contido dentro do noso proxecto anual ALIMÉNTATE BEN: COME SAN!, que ten coma punto de referencia a pirámide alimenticia

Dentro da pirámide as legumes están situadas máis ou menos na metade da mesma. Falamos un pouco sobre elas para coñecer e trer en conta as ideas e conñecementos previos d@s alumn@s e tomalos como punto de partida.

O outro día fomos de visita ó corredor deo primeiro piso do edificio de primaria, onde os nos@s compañeir@s de 2º, teñen unha pequena exposición sobre as legumes, para observala e comezar a tomar contacto con estes alimentos. Pois nos tamén aportaremos o noso gran de area á mesma. 

* AS LEGUMINOSAS:
     - Son plantas herbáceas, arbustos ou árbores.
    - Os froitos son vaíñas (algunhas pódense comer cando están tenras).
   - As LEGUMES son as sementes das plantas leguminosas. Atópanse non interior das vaíñas. 

Queremos aprender moitas cousas sobre as legumes, e nada mellor que facelo a través da investigación e da observación directa. 

O primeiro que fixemos foi coller 3 legumes, 2 moi coñecidas pol@s pequech@s, e outra non tanto, e poñelas a xermolar; para iso humedecemos un papel e colocámolas enriba. (Lentellas, soia e garabanzos).




* Con este proceso podemos ver como da semente comeza a brotar a futura planta. 







Deixámolas o venres e hoxe puidemos comprobar que os garabanzos e as lentellas comezaron a xermolar, a soia todavía non...



Humedecemos un pouquiño máis o papel e... temos que seguir agardando!

En canto xermolen todas as legumes... plantarémolas!


BOLA XIGANTE DE NADAL

Como se ven facendo cada ano, todo o centro realizou unha decoración común de Nadal, que nesta ocasión consistiu nunha BOLA XIGANTE DE NADAL: sobre un círculo dourado ou prateado, cada grupo de alumn@s tiña total liberdade para decorala.

Nos decidimos decorar a nosa bola da seguinte maneira:

* Troquelamos copos de neve
* Realizamos un gran lazo
* Puxemos as nosas caras saltarinas con gorros de Papá Noel de goma eva, realizando un "acordeón" de papel para conseguir ese efecto.





Con todas as bolas, realizouse un mural na plata baixa do edificio de Primaria.