luns, 5 de decembro de 2016

EIRUGAS DE PAPILIO MACHAON

Despois dun verán tan bo, e dun outono inusualmente seco, a planta de fiuncho da casa do meu avó secou, e non puiden recoller eirugas de PAPILIO MACHAON, como viña facendo en cursos anteriores... xa perdera a esperanza, debido á época do ano na que nos atopamos, pero, de casualidade, a semana pasada, tiven a sorte de atopar 4 eirugas "camiñando" pola planta animadamente.

Coma en 5º de E.I. (4 anos) tomamos contacto con estas eirugas no proxecto que levamos a cabo sobre os animais, pareceume interesante, retomar o preceso de METAMORFOSE, desta especie en concreto de eirugas, debido a vistosidade e grandiosidade das bolboretas.

O venres pasado, observamos as eirugas, describímos as súas caracteísticas físcas, e falamos un pouco sobre elas. 



Tamén puidemos fixarnos nas diferentes partes do seu corpo: a forma anelada, as cores, a cabeza cos dentes, o tórax coas 6 patas en 3 parellas (igual que os insectos), as falsas patas... 



Tivemos a sorte de poder ver en vivo e en directo como se desprazaba unha delas por unha ramiña de fiuncho. Impresionante ver como parece un acordeón estirándo e encollendo o seu corpo anelado, mentres se "engancha" coas súas falsas patas.





Puidemos observar tamén, que das 4 eirugas, unha xa fixera a crisálida, 2 estaban colocándose para realizala, e so unha seguía comendo.







Despois da fin de semana, hoxe, ó chegar á clase e acender o ordenadador, algo chamou a nosa atención... unha eiruga estaba colocada na torre! 





Ó ir a mirar o recipiente das eirugas, sorprendentemente, había 3 crisálidas, polo tanto, esa eiruga glotona que seguia comendo o venres, debeu saír de "paseo" na fin de semana, para coñecer a nosa aula, e cando se cansou, colocouse para facer a crisálida... coma mañan e festivo, veremos que sucedeu o mércores!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.