HIWOT trouxo bulbos de TULIPÁN xunto con macetas e terra para plantar na aula.
Xa que este curso a natureza en xeral e as plantas en particular forman unha parte importante da nosa programación, encántanos recibir aportacións das familias neste terreo, xa que ao sentirse protagonistas, para @s nen@s a motivación cara a aprendizaxe é maior.
Os tulipáns son típicos de HOLANDA, un país pertencente a Europa, igual que o noso.
Teñen a peculiaridade de ser plantas bulbosas (almacenan os nutrintes en estructuras subterráneas).
Primeiro observamos detidamente unha pequena etiqueta con información sobre os bulbos:
* Profundidade para plantar os bulbos: 15 cm
* Separación entre cada bulbo: 8 cm
* Posición de plantado: a parte máis ancha e redondeada cara abaixo, por onde sairán as raices, a parte máis "picuda", cara arriba, por onde xermolará a planta.
* Época de plantado: de setembro a decembro.
* Época de "nacemento": primavera.
Unha vez asimilada toda a información, puxémonos a PLANTAR:
* Encher as macetas de terra.
* Medir a sepación entre cada bulbo.
* Facer os buratiños e plantar os bulbos.
* Tapar con terra.
* Regar.
* Trasladar as macetas ao exterior.
Seguiremos o proceso de crecemento destos bulbos e pescudaremos algunha planta máis que medra a partir de bulbos.
Moitas grazas a Hiwot e á súa familia por todo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.