Despois de estar toda a semana fóra, hoxe, a nosa MOCHILA VIAXEIRA, regresou de casa HIWOT, que nos quixo contar a súa experiencia lectora.
De novo, tanto para ela, coma para a súa familia, foi unha experiencia moi positiva, da que gozaron todos xuntos.
O libro favorito de Hiwot foi o de "El jardín del tío Martín", e tanto lle gustou, que serviulle de inspiración para facer unha manualidade moi chula en compañía da súa nai. Mirade que xoaniñas tan bonitas realizaron con pedras.
Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marcha para a cas de TELMO. Seguro que o pasa en grande con todos os libros que contén. O vindeiro venres saberémolo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.