domingo, 11 de decembro de 2016

MOCHILA VIAXEIRA

Como cada venres a MOCHILA VIAXEIRA voltou á nosa aula para que o seu portador nos contase que tal a súa experiencia lectora. (Sentirse protagonistas, escoitados pol@s seus compañeir@s durante o instante no que contan a súa experiencia, motiva todo o proceso, que culmina cunha intervención na que traballamos que perdan o medo a falae en público, na que deben modular a súa voz, ter tina da expresión oral, da coherencia do discurso, estar abert@s a posibles preguntas...) 

Neste caso, TELMO, comentounos que todos os libros que contiña foron do seu agrado e da súa familia, sendo o do DELFÍN o seu favorito. Aínda que tamén lle gustou moito "EL JARDÍN DEL TÍO MARTÍN" do que sacou un montón de ideas para realizar diversas actividades manuais con axuda da súa nai: adiviñas, verbas ilustradas, un collage dunha bolboreta revoloteando entre as flores... Sen dúbida esto é mellor da mochila!



Moi bo traballo!



Esta semana a MOCHILA VIAXEIRA marchou para a casa de BRAIS!

Goza da experiencia!







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.