O mellor deste "veroño" é poder saír ó aire libre a disfrutar da natureza e poder aprender directamente dela. Seguindo co noso proxecto sobre "AS ÁRBORES DO NOSO PATIO", puidemos debuxar en vivio e en directo o noso CARBALLO.
Coma sempre, antes de debuxar, fixáronse no tamaño forma e cor do tronco, na distribución e cantidade das ramas, e tamén na forma, cor e número de follas.
Despois, cubriron a ficha de rexistro, con información salientable sobre esta árbore; que se suma a todas as que imos realizando sobre todas as árbores, arbustos, plantas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.