venres, 9 de decembro de 2016

O APALPADOR

O APALPADOR é unha figura típica do NADAL galego. Trátase dun vello xigante carboeiro, de barba rubia, pucha, pantalóns e chaqueta chea de remendos. Camiña axudándose dun caxato e encántalle fumar na súa pipa. Vive nas devesas das altas montañas facendo carbón para escorrentar o frío do inverno. 

A noite do 24 de decembro (hai algúns estudos que discrepan coa data, e achegan a noite do 31 de decembro) baixa ás aldeas, para entrar nas casas a "apalparlles" á barriguiña @s nen@s, para comprobar se están ben alimentados. Se teñen as barrigas cheas dilles: "Así, así esteas todo o ano"; mentres que se as barrigas non están cheas, deíxalles unha presa de castañas.

Tamén se recolle, que o apalpador, lles deixa @s nen@s xoguetes de madeira realizados artesanalmente por el coas polas dás árbores dos montes que percorre.

Este ano quixemos darlle a coñecer a figura do apaldapor @s pequech@s: falámoslle del, contámoslle historias e contos, aprendemos panxoliñas... e realizamos un mural "O PHOTOCALL DO APALPADOR" onde aparece apalpándolle á barriguiña a un cativ@ que esta durmindo.

Na realización do mural participau todo o alumnado de e de E.P.






Pincelada a pincelada foi collendo forma, e este é o resultado:





PHOTOCALL APALPADOR 1ºB



PHOTOCALL APALPADOR 1ºA



PHOTOCALL APALPADOR 2ºA




PHOTOCALL APALPADOR 2ºA




A cousa non queda aquí... teredes máis noticias do Apalpador!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.