O 2016 é o ano das LEGUMES e LEGUMINOSAS, por iso, antes de que remate, quixemos adicarlle un trato especial a este alimento tan importante na nosa dieta.
Aproveitamos para enmarcar este contido dentro do noso proxecto anual ALIMÉNTATE BEN: COME SAN!, que ten coma punto de referencia a pirámide alimenticia.
Dentro da pirámide as legumes están situadas máis ou menos na metade da mesma. Falamos un pouco sobre elas para coñecer e trer en conta as ideas e conñecementos previos d@s alumn@s e tomalos como punto de partida.
O outro día fomos de visita ó corredor deo primeiro piso do edificio de primaria, onde os nos@s compañeir@s de 2º, teñen unha pequena exposición sobre as legumes, para observala e comezar a tomar contacto con estes alimentos. Pois nos tamén aportaremos o noso gran de area á mesma.
* AS LEGUMINOSAS:
- Son plantas herbáceas, arbustos ou árbores.
- Os froitos son vaíñas (algunhas pódense comer cando están tenras).
- As LEGUMES son as sementes das plantas leguminosas. Atópanse non interior das vaíñas.
Queremos aprender moitas cousas sobre as legumes, e nada mellor que facelo a través da investigación e da observación directa.
O primeiro que fixemos foi coller 3 legumes, 2 moi coñecidas pol@s pequech@s, e outra non tanto, e poñelas a xermolar; para iso humedecemos un papel e colocámolas enriba. (Lentellas, soia e garabanzos).
* Con este proceso podemos ver como da semente comeza a brotar a futura planta.
Deixámolas o venres e hoxe puidemos comprobar que os garabanzos e as lentellas comezaron a xermolar, a soia todavía non...
Humedecemos un pouquiño máis o papel e... temos que seguir agardando!
En canto xermolen todas as legumes... plantarémolas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.