martes, 30 de maio de 2017

DESPEDIDA KAYLA

Como xa sabesdes, durante este curso, nas clases de PLÁSTICA, (ao formar parte da secciçon bilingüe), contamos cunha auxiliar de conversa.

KAYLA, estivo todo o curso con nós, pero agora ten que despedirese e volver ao seu fogar, Chicago. 

Pero quixemos facerlle unha FESTA SORPRESA, para agradecerlle todo o que traballou con nós este curso. 




Como agasallo preparámoslle un libriño con debuxos de cada un d@s pequech@s.

WE WILL MISS YOU KAYLA!




luns, 29 de maio de 2017

MOMENTOS XUNTOS

Durante todo o curso, 1º A e 1º B, a pesar de ser dúas aulas separadas, conviviron no día a día, na realización de múltiples actividades... e así será ata o final.

Agora que se acerca o remate deste curso, intento aproveitar ao máximo eses MOMENTOS XUNTOS... que son importantes para eles, posto que o vindeiro curso, volverán a ser un solo grupo, pero tamén son moi importantes para min, posto que TOD@S foron, son e serán por sempre... 

A AULA DE BERE




domingo, 28 de maio de 2017

CURIOSIDADES ALUMN@S

Na AULA DE BERE @s pequech@s son @s protagonist@s da aprendizaxe. 

Unha das maneiras na que se converten en protagonistas é a tavés das CURIOSIDADES que queren compartir cos seus compañeir@s. 

Pois, en función de o que traen: un libro, unha mostra, un obxecto, unha imaxe... abrimos un porceso de búsqueda da información e de aprendizaxe de novos contidos.








A "exposición" oral que realizan en fronte aos seus compañeir@s é moi beneficiosa, tanto para o orador coma para os ointes. 


Moitas grazas a tod@s!

47.000 VISITAS

XA SE SUPERON AS...



Coma sempre, aproveito para agradecervos de corazón que diariamente entredes neste blog, para seguir o día a día d@s pequech@s de A AULA DE BERE.


xoves, 25 de maio de 2017

EDUCACIÓN VÍAL

Estos días, estamos a levar no cole a SEMANA DA EDUCACIÓN VÍAL,na que todo o almunado, dende o primeiro curso de infantil ata o derradeiro de secundaria, recibirán formación sobre a seguridade víal, a través dunha charla .e dun circuito.

Durante esta semana, persoal da DXT - DIRECCIÓN XERAL DE TRÁFICO, foi o encargado impartir CHARLAS sobre o tema, no que @s alumn@s, puideron poñer a proba os seus coñecementos, recoñecer os perigos que existen en carreteira, aprender normas de seguridade cando van no coche, cando circulan en bici, cando camiñan pola beirarúa...



Na charla, contamos coa presenza de Francisco, un POLICÍA LOCAL da vila, que tod@s @s alumn@s coñecen, pois todas as mañás, está dirixindo o tráfico preto do cole, para evitar que se produzan atascos e que tod@s @s nen@s chegien puntuais ao cole. 



Gracias a Francisco, puidemos coñecer o papel da policía local. Tamén nos deu moitas normas fundamentais de seguridade vial. 

Hoxe tocounos o turno @s nen@s de de E.P.

Despois da charla, tocou poñer en práctica o aprendido nun CIRCUITO





Puideron desempeñar o papel de conductores, nas bicis, e de peatóns. 







Ademais de aprender...
PASÁMOLO XENIAL!

* Despois, tivemos o privelexio de recibir a visita exclusiva na aula da formadora da DXT que nos impartiu a charla, e de JUANMA, o pai de Lucía, que tivo o seu traballo ligado á DXT. Puidemos resolver dúbidas e seguir coñecendo detalles moi curiosos sobre a educación vial.



Moitas grazas!


luns, 22 de maio de 2017

TRANSPLANTAMOS...

Hoxe levamos unha gran sorpresa ao ir a observar os nosos SEMENTEIROS, pois durante a fin de semana, as plantiñas...

MEDRARON MOITÍSIMO!




Estaban tan grandes, que rapidamente nos diriximos ao noso HORTO, para...

TRANSPLANTALAS!



* Preparamos a terra de novo: un pouco de abono, e unha capiña de terra de mellor calidade (xa que a do noso horto é un pouco pobre).






* Fixemos os buratiños para introducir a raiz das plantiñas. Despois tapámolas con máis terra.






Plantamos:
- CABAZAS
- XIRASOLES
- AMORODOS







* Regamos. 



 Despois de tanto esforzo, e dun traballo ben feito, gañamos ben o "xornal"; asi que aproveitamos para tomar a merenda de media mañá ao aire libre, baixo a sombra do noso arce. 



sábado, 20 de maio de 2017

AS PLANTIÑAS DOS NOSOS SEMENTEIROS

Durante esta semana os nosos SEMENTEIROS comezaron a dar as súas primeiras PLANTIÑAS.

O luns 15, puidemos observar como comezaban a asomar os primeiros brotes de plantiñas de cabaza e de xirasol, sendo estes últimos máis abundantes e visibles. 



O martes 16, divisamos algún cambio máis, pero pequeno...

Pero o xoves 18, despois do día festivo, cando puidemos observar un cambio máis signifiacativo.



* O estar un día sen regar e sen a luz do sol (posto que a aula permaneceu a escuras), fixo que as plantiñas medrasen pero mostraran unha cor, non moi verde.

* Chamounos moito a atención como na "puntiña da planta" que brotaba, podiamos ver as casca da pipa, tanto de xirasol coma de cabaza, posto que a semente, que se atopa dentro da mesma, comezou a xermolar dentro da terra e rompeu a casca para poder saír. 

Despois dos coidados pertinentes, ao día seguinte, o venres 19, o cambio tamén se fixo patente. Medraron moitísimo as follas das plantas de cabaza, e colleron moita altura as plantas de xirasol.



Como estarán despois da fin de semana?

xoves, 18 de maio de 2017

PAKO PAKOLAS


Coa iniciativa LER "CONTA" MOITO, da Xunta de Galicia e coa axuda do Concello de Pontecesures, trouxeron á biblioteca municipal a PAKO PAKOLAS co seu espectáculo musical.


O alumnado do CPI de Pontecesures, dende os de 1º ata os de 5º de E.P. vibraron ao son da guitarra eléctrica es as melodías pegadizas de Pakolas.



Música recollida en "Libro CD" para ler, escoitar, cantar e bailar mentres aprendemos dos valores que encerran as historias musicadas. 


* Pako forma parte do grupo infantil "A GRAMOLA GOMINOLA", que xa ten 2 Libro- CD no mercado:



- A GRAMOLA 
GOMINOLA

- CANCIÓNS PARA DESAFINAR


Algunha das cancións que interpretou Pako, xa eran familiares para nós, posto que na nosa aula temos o primeiro CD e escoitámolo habitualmente. 

Agora queremos facernos co segundo, para pasalo xenial "desafinando"a ritmo de rock.

Se algunha vez podedes ver este grupo en directo, non volo perdades, xa que é unha experiencia 100% recomendable!



mércores, 17 de maio de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017



FELIZ DÍA
DAS LETRAS GALEGAS
2017








Este ano as LETRAS GALEGAS están adicadas a CARLOS CASARES. Como xa puidéchedes comprobar en publicacións anteriores, estivemos traballando tanto a biografía coma a bibliografía deste escritor galego.

Destaco de novo a experiencia de convertirnos en contacontos cos inventos de TORIBIO.

Aínda que A GALIÑA AZUL tamén deu moito de si.


@s alumn@s de de Primaria do CPI de Pontecesures, NARRAMOS e ILUSTRAMOS a historia que rodea a esta peculiar galiña creada por Carlos Casares.


Que vos parece?



No Día da Nosa Terra, apetecíame facerlles un agasallo, e que mellor que unhas "minigaliñas azuis"... Espero que lles gustasen! e que cada vez que as vexan, se lembren do ben que o pasamos e canto aprendimos con este fermoso conto, que nos deixa unha ensinanza moi bonita e importante: 

"PARA GUSTOS... 
ESTÁN AS CORES!"

Toda unha leción de RESPETO e IGUALDADE, valores fundamentais no día a día da nosa sociedade!


FELIZ DÍA
DAS LETRAS GALEGAS
2017