xoves, 30 de abril de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 13


Aquí vos deixo a entrega número 13 de ACTIVIDADES FÍSICAS #EuFicoNaCasa, con novas propostas de actividades para levar mellor o confinamento e facer exercicio dentro da casa, dunha maneira diferente, dinámica e divertida.


Xa sabedes: “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”


"Non podes GAÑAR ata que aprendas a PERDER".
                                                                                                          Kareem Abdul - Jabbar




ACTIVIDADES
FÍSICAS  13






XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS, 

PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!




martes, 28 de abril de 2020

FÁBRICA DE LUZ


Da noite á mañá unha negra sombra asolagou as nosas vidas e vímonos enclaustrados entre 4 paredes, privados de liberdade e sumidos na escuridade... mais, unimos as nosas forzas para loitar contra un inimigo invisible e erguernos cada día coa ilusión de saber que máis tarde ou máis cedo todo pasará, e SAIREMOS renovados e con prioridades mudadas.

Canta saudade de xuntarse coa familia, de reencontrarse cos amigos, de agasallar aos nosos seres queridos con esas apertas e bicos que levan demasiados días na recamara...

En tempos nos que todo se APAGA, debemos PRENDER LUCES!
A luz da esperanza.
A luz da solidariedade.
A luz da ledicia.
A luz da empatía.

Con este vídeo o PROFESORADO do CPI Pontecesures pretendemos prender unha LUZ DE ÁNIMO nestes momentos tan duros.

Estamos desexando que todo isto remate para volver ao cole, reencontrarnos con todxs xs nosxs alumnxs, e FABRICAR LUZ XUNTOS!

MOITA FORZA!




luns, 27 de abril de 2020

ACTIVIDADES FÍSICAS 12


Aquí vos deixo a entrega número 12 de ACTIVIDADES FÍSICAS #EuFicoNaCasa, con novas propostas de actividades para levar mellor o confinamento e facer exercicio dentro da casa, dunha maneira diferente, dinámica e divertida.


Xa sabedes: “ACTIVIDADE FÍSICA e a FICAR NA CASA!”


"A verdadeira felicidade involucra o uso de todos 
os talentos e habilidades persoais".
                                                                                                          John W. Gardner




ACTIVIDADES
FÍSICAS  12






XUNTOS IMOS PARAR AO VIRUS,

PERO, O VIRUS, NON NOS PARA A NÓS!




domingo, 26 de abril de 2020

SAÍDA D@S PEQUECH@S!


Quen nos ía dicir, aló polo 13 ou 14 de MARZO, o que nos esperaba?
Quen se puidera ter imaxinado o “encerro” que se nos viña enriba?

Pechámonos dentro dos nosos fogares para loitar unidos contra un inimigo invisible e descoñecido que chegou para darlle un xiro de 360º ás nosas vidas.

Ninguén sabía que isto podía ser tan cruento e duro. Cada día que pasaba a incerteza do confinamento consumía os nosos folgos.

Unha negra sombra cubría todo co seu manto de tristura e dor, máis, non nos deixamos asolagar e unimos os nosos folgos para encher de luz os días: saíndo ás fiestras para aplaudir e agradecer a todos os heroes e heroínas, enchendo os balcóns de música que nos unía a pesar da distancia, compartindo todo o tempo, que agora temos, ao carón da familia...

Está claro que este virus axitou tan fortemente as nosas vidas, que xamais volvermos a ser coma antes... mais, iso é positivo, posto que aprendemos a darlle prioridade ás cousas realmente importantes, a valorar detalles que antes pasaban desapercibidos por mor da “presa” constante na que vivíamos.

O valor das cousas cambiou. As nosas saudades non teñen nada que ver co material: precisamos dar apertas fortes aos nosos seres queridos, dar bicos cheos de agarimo, reencontrarnos cos amigos para compartir momentos xuntos, pasear pola natureza, gozar das fermosas paisaxes da nosa terra, pechar os ollos e escoitar o bater das olas, ulir a terra mollada... iso non ten prezo!

Decatámonos de algo moi importante: ESTE VIRUS, PARÁMOLO XUNTOS! Non pensamos egoistamente en nós, senón que nos unimos para loitar en equipo. Que gran lección! (Ogallá non se nos esqueza nunca...)

Aínda que a gran lección deste confinamento debémoslla aos máis pequenos da casa. Elxs si son HEROINAS/HEROES! Adaptáronse a esta dura situación, fixéronse responsables, aceptaron e cumpriron as normas, mostraron o seu afecto cos que teñen que seguir traballando, seguiron estudando... Emocionalmente demostraron que son fortes e que nos gañaron con creces.  

Por iso a partir de hoxe, teñen o seu premio: PODER SAÍR!
Pasaron moitos días, demasiados, e aínda queda algún máis... pero hoxe ábrese un porta de esperanza que nos enche de forza para continuar coa loita. Mais, debemos ser responsables coas saídas, para non retroceder na baixada da curva de contaxio.

Tede moi en conta as instrucións do Ministerio de Sanidade:



SAÍDAS DXS CATIVXS

* Ata os 14 anos (inclusive)
* 1 hora ao día: entre as 9:00 e as 21:00
* 1km de distancia da casa
* Acompañados dun adulto (que resida con eles)
* Máximo 3 nenxs por adulto.
* Respectar a DISTANCIA DE SEGURIDADE! (1,5/2m con outrxs nenxs e adultos)
* Poden correr, xogar, facer exercicio, levar os seus xoguetes (se baixan xoguetes hai que desinfectalos ao volver á casa)
* NON se poden empregar os PARQUES
* No eido rural poderán saír ao CAMPO
* NON poderán saír rapacxs con síntomas do COVID-19




PEQUECHXS...
GOZADE DO VOSO MERECIDO PREMIO!
(sendo responsables)





venres, 24 de abril de 2020

CANDO PODEREMOS SAÍR?


Hai xa unhas semanas, durante as vacacións de semana santa, vendo que o confinamento se ía alongar máis tempo, comecei a pensar en como axudar ao alumnado neste momento tan duro para eles, e para todxs.

Demasiados días “enclaustrados” nas 4 paredes dos seus fogares. Demasiado tempo sen poder saír ás rúas, sen respirar aire puro, sen sentir a liberdade da que agora non gozamos.



Como saír se se non podemos? Como escapar da rutina? Como movernos a outros lugares sen poder poñer un pé fóra da casa? Como?



Como mestra, tíveno claro, a mellor opción, a que estaba ao alcance das nosas mans eran... OS LIBROS!








A ocasión veume de cara... ABRIL, o mes do libro e da lectura. Así que decidín escribir esta pequena historia pensando en que sirva de motivación para todo o alumnado e que atopen entre as páxinas dos libros a vía de escape que tanto precisan nestes intres. E ao mesmo tempo que creen un hábito que perdure durante toda a súa vida.


“Os LIBROS son o avión, o tren, o camiño
Son o destino e a viaxe, Son o fogar”. 
                                                   Anna Quindlen





CANDO PODEREMOS SAÍR?

- Miña nai, cando poderemos saír?
A nai mirou atentamente a cariña da súa cativa.
A pequena ficaba inmóbil fronte a ela, cos seus grandes ollos fixos, observándoa e agardando unha resposta, que por desgraza non foi a que desexaba escoitar.
- Miña nena – suspirou, anicouse e pousou as súas mans nas meixelas da súa filla, mentres a aloumiñaba – polo momento, seguimos sen poder saír.
Os ollos da pequena enchéronse de bágoas. Grandes bágoas que comezaron a escorregar rapidamente, e antes de que chegaran ás súas meixelas, aínda suxeitas pola súa nai, zafouse, berrou e marchou correndo para o seu cuarto, onde se deixou caer sobre o seu leito, boca abaixo, coa faciana cuberta polos seus brazos a modo de escudo sobre o que se protexeu para deixar saír toda a rabia e angustia que sentía despois de escoitar as palabras que saíran da boca da súa nai.
Máis para a nai, non fora mellor...
Ver á súa pequena así, rompíalle a alma. Non era quen de conter o seu propio lamento. Malia todo, quería achegarse ao cuarto para calmar e arrolar á súa cativa.
Polo camiño, unha man engurrada e cos ósos marcados por mor da artrose, detívoa. A lela Rosalía, que o observara todo, atenta, calada, sentadiña no seu tallo, fillo un aceno, co que a nai comprendeu que xa ía ela.
A lela Rosalía, era a bisavoa da cativa. Unha velliña pequeneira, tan pequena que á súa cadeira tiveron que cortarlle un anaco das patas para que fose da súa medida. Vestía sempre de negro, pois gardaba loito, xa non sabía dende cando. Tiña o cabelo branco, tan branco como a capa da xeada que cobre os campos no inverno. Sempre levaba o pelo recollido nunha trenza que envolvía nun perfecto moño e escondía baixo o seu pano.
A lela Rosalía non che era de moitas palabras, mais, as que dicía... sentenciaban!
O seu rostro transmitía tranquilidade e dozura. As engurras que debuxaban a súa cara dábanlle un aspecto de tenrura que che empuxaba a “achuchala”. E ela, ben que se deixaba!
Cando a lela entrou no cuarto, a cativa ergueu un pouco a cabeza, o xusto para ver quen irrompía. Ao ver á lela Rosalía, sentada ao seu carón, deu un chimpo e buscou consolo entre os seus brazos.
A velliña acolleu á súa bisneta no colo, apertouna forte e comezou a acariñala.
- Miña rula, meu amoriño, temos que seguir sendo responsables e ficar na casa para loitar contra este virus do demo que aínda anda a facer das súas por aí fóra.
- Pero lela, eu non quero estar máis na casa, preciso saír a xogar fóra, boto de menos aos meus amigos, quero volver á escola... Ademais, estou aburrida!
A bisavoa deu unha volta coa mirada a ese cuarto ateigado de xoguetes. Había de todo... como podía ser que se aburrise con tal cantidade de cousas?
- Quere que xoguemos a algo?
- Non, quero saír destas catro paredes! – berrou.
E continuou saloucando e descargando a súa rabia contra o mandil da lela Rosalía.
Así, que non quería seguir nesas catro paredes? A bisa tiña a solución.
Ergueuse e desapareceu do cuarto, co seu camiñar paseniño e peculiar.
A curiosidade da cativa, fixo que a seguise.
A bisavoa entrou na súa habitación, abriu o primeiro caixón sa súa mesa de noite e sacou algo que a pequena non logrou ver ata que a lela Rosalía se virou.
Era... un libro! Un libro non moi grande, coa cuberta deteriorada e as follas dunha cor amarelenta escura que revelaba o paso do tempo.
Sentou nunha butaca (tamén a medida) que había a carón da súa cama. Unha butaca na que á lela Rosalía lle gustaba pasar parte do día coa mirada perdida pola fiestra, ollando ao horizonte e pensando nas súas cousas.
A lela deu un par de golpes coas palmas das mans sobre as súas pernas e a pequena inmediatamente entendeu que a avoiña quería que fose para o seu colo, e non o dubidou nin un segundo.
Dun chimpo plantouse no colo da velliña e escoitou o que lle quería contar:
- Meu amoriño, este é o meu máis prezado ben. Este libriño regaloumo miña nai cando era unha cativa coma ti. Nunca o puiden ler, pois non aprendín xamais; pero, dende que o teño nas miñas mans, ollo cara as letras e os debuxos imaxinando as fermosas historias que garda nas súas páxinas. A ti importaríache lermo?
A pequena ficou abraiada mirando cara a súa lela que a ollaba con esa tenrura á que a tiña acostumada e que facía que non se lle puidese negar nada.
Ela sabía que a lela Rosalía viña dunha familia moi humilde e que dende nena traballaba na casa: coidando os animais, labrando a terra... e por iso non fora á escola, que era algo moi común par a xente desa época.
Escoitara moitas veces historias da lela Rosalía cando rememoraba os anos da súa infancia. Cando tiñan xuntanzas familiares, desas nas que se xunta unha morea de xente e se come todo o día, a súa avoa Sara (filla da lela Rosalía e nai da súa nai) sempre lle pedía que as contase e ese era o único momento no que todos calaban e acougaban para escoitar atentamente á lela. Pois ela ten a capacidade de contar historias dun xeito tan bonito que envolve a todos coas súas verbas.
A verdade é que á pequena non lle gustaba moito ler, de feito, tan só lía o que lle mandaban na escola. Mais, o ollar da súa lela fixo que non se puidera negar.
Termou do pequeno libro e ollou detidamente a portada que acollía o título: “Lendas”. Cando o abriu, chamoulle a atención que o libro estaba escrito a man, igual que os debuxos que acompañaban as historias.
A pequena comezou a ler e sentiu como a lela Rosalía pechaba os ollos e se deixaba deleitar polo son das palabras que saían dos beizos da nena. Escoitou, sen perder son, as verbas que contiña o seu tesouro, ese libro que tantas veces tivera entre as súas mans, ese que tantas veces imaxinara e que agora estaba descubrindo na voz da súa bisneta.
Sen decatarse, as dúas deixaran a cadeira do cuarto na que se atopaban, para somerxerse nunha fraga encantada da Galicia de antano.
A medida que lía, podían sentir cada palabra, tocar coa mente cada paraxe, sentir a cada personaxe ao seu carón...
Sen decatarse remataron a primeira lenda. Cando a cativa parou de ler, contemplou á súa bisavoa cos ollos repletos de bágoas, embriagada da emoción.
Non lembraba, na súa curta memoria, ter visto chorar á lela Rosalía nunca, pois ela era unha muller moi doce e alegre.
Coa voz entrecortada díxolle:
- Grazas miña filla. – E apertouna con forza contra o seu peito.
Fundíronse nunha aperta chea de sentimento.
A lela Rosalía levantouse, colleu da man á cativa e dirixiuna cara ó seu cuarto. Achegouse aos estantes baixo a atenta mirada da súa bisneta. O moble estaba moi desordenado, repleto de xoguetes por todas partes.
A lela Rosalía comezou a apartar delicadamente os xoguetes ata que deixou visibles unha morea de libros, que a pequena case nin lembraba que estaban alí.
Dende había moitos anos, de feito, dende o nacemento da cativa, a lela Rosalía sempre lle facía o mesmo agasallo... un libro! Mais, a pequerrecha nunca lle fixera moito caso, porque os outros agasallos eran máis atractivos para ela. Os xogos de mesa, balóns, coches, bonecas... e, sobre todo, os xoguetes dixitais foran tapando os libros.
- Miña ruliña, non podemos saír á rúa, máis acabas de comprobar que si que podemos escapar destas 4 paredes... lendo un libro podemos viaxar a calquera lugar.
A cativa ficou abraiada contemplando os libros...
- Lela, a partires de agora, lereiche todos os días.
E dende ese intre, a pequena e a lela Rosalía ficaban xuntas na cadeira a carón da fiestra e viaxaban a mundos descoñecidos e vivían mil aventuras... sen saíres da casa!



BERENA FONTELA TURNES
(Abril 2020)




Con agarimo para todo o alumnado do CPI Pontecesures.
Que atopedes nas páxinas dos libros a porta que vos abre unha aventura cara lugares fantásticos e aventuras extraordinarias.
Que cada libro sexa un refuxio para aguantar este confinamento que pronto rematará. 
Positivismo e moito ánimo, porque cada día que pasa é... un menos!




xoves, 23 de abril de 2020

MONTAXE DÍA DO LIBRO

Aquí vos deixo a MONTAXE das fotos que o Equipo de Biblioteca do CPI Pontecesures realizou para conmemorar o DÍA DO LIBRO.


*



* O centro, e en especial o equipo de biblioteca, quere agradecer a vosa participación na actividade proposta.

DÍA DO LIBRO: LE!


23 + ABRIL + 2020


DÍA DO LIBRO


  v  “A LECTURA é á mente o que o exercicio ao corpo”. Joseph Addison

  v “Hai grandes LIBROS no mundo, e grandes mundos nos libros”. Anónimo


  v“Un LIBRO é un agasallo que podes abrir  unha e outra vez”. Garrison Keillor

  v “O que ama a LECTURA, ten todo ao seu alcance”. William Godwin

  v “Hai máis tesouros nos libros que en todo o botín da Illa do Tesouro”. Walt Disney

  v “Un LIBRO é a arma máis afectiva contra a intolerancia e a ignorancia”. Lyndon Baines Johnson

v “ Non hai substituto para os LIBROS na vida dun neno”. May Ellen Chase
v  
v “Un LECTOR vive mil vidas antes de morrer. O que nunca le só vive unha”. George R. R. Martin

v “Pensa antes de falar. LE antes de pensar”. Fran Lebowitz

v “Os LIBROS son as abellas que levan o pole dunha intelixencia a outra”. Voltaire









Podería seguir escribindo durante todo o día, e aínda así non remataría de plasmar sobre esta publicación todas as frases que as persoas, máis ou menos coñecidas, lle dedican aos LIBROS e a lectura.

Creo que queda de manifesto a importancia que a LECTURA ten na vida, non só dxs máis pequenxs, senón de todas as persoas.



HOXE conmemoramos o DÍA DO LIBRO, non obstante, TODOS OS DÍAS do ano deberíamos convivir “man a man” cos libros para enriquecernos e nutrirnos dos saberes que se esconden entre as súas páxinas.


Estamos atravesando un momento duro para todxs. Xa levamos moitos días de CONFINAMENTO, e a LECTURA pode ser unha vía de escape da rutina. Os LIBROS son o refuxio para “matar” o TEMPO (que agora temos).  Aproveitémolo!



v “Os LIBROS son o avión, o tren, o camiño. Son o destino e a viaxe, Son o fogar”. Anna Quindlen




Se non sabes que facer, LE!
Se estás aburridx, LE!
Se estás triste, LE!
Se estás ledo, LE!
Se tes fame, de coñecemento, LE!
Se queres aprender, LE!
Se queres viaxar sen moverte da casa, LE!
Se precisas coñecer novos mundos, LE!
Se queres ser libre, LE!
Se queres vivir, LE!

Pase o que pase, LE!
Esteas como esteas, LE!
Fagas o que fagas, LE!

Simplemente... LE!







“Non era FADA nen PRINCESA”, nin pretendía selo. Empapábase de cada PALABRA na súa lingua, percorrendo o ABECEDARIO completo, buscando a sabedoría precisa para loitar contra as inxustizas e ter liberdade de pensamento para non deixarse levar...
Xa atopara os INGREDIENTES perfectos para cociñar a mellor RECEITA contra a ignorancia... OS LIBROS!




Dáballe igual de cal se tratase. Canto máis diferentes mellor. Mergullarse nun LIBRO supoñía meterse na pel dun personaxe diferente cada vez.
AGOCHÁBASE entre as súas páxinas para que ninguén a atopase, e todxs se preguntaban... ONDE ESTÁ?
Vivía AMORES imposibles, que na vida real xamais se producirían e REGAÑABA OS DENTES mentres descubría cada historia.



Cada vez que abría a páxina dun novo libro, poñía en marcha o MOTOR para rodar sobre cada verba escrita e deixarse levar... VOAR de páxina en páxina e NAVEGAR surcando os sete mares.



Era cousa de MAXIA! Abría un libro e... chas! “teletransportábase” a un novo lugar nunca antes visitado.
Levaba sempre ben abertos os OLLOS, para non perder detalle de nada... e MORDÍA cada frase para extraerlle todos os “nutrintes” que contiña.
En definitiva, ela... ERA LETORA!


Con todo o meu agarimo para o ALUMNADO do CPI Pontecesures. 
Berena Fontela Turnes
(23.04.2020)