A fin de semana está para desconectar, descansar, desfrutar do tempo libre...
BAILANDO e XOGANDO en familia podedes pasalo moi ben!
Así que aproveitade para facer as propostas dos VÍDEOS17 e 18 de ACTIVIDADES FÍSICAS.
Tedes ata finais deste mes de maio para enviarme os vosos vídeos BAILANDO para facer unha montaxe con todos que seguro que quedará chulísima!
Podedes disfrazarvos e participar toda a familia. Liberade a vosa imaxinación e deixádevos levar polo ritmo da música. Sentídevos libres para expresarvos e deixando a un lado a vergoña.
* Lembrade que as cancións que podedes bailar están na publicación de Actividades Físicas 17 (podedes vela un pouco máis abaixo desta).
Aquí vos
deixo a entrega número 18 de ACTIVIDADES
FÍSICAS#EuFicoNaCasa, con novas propostas de
actividades para levar mellor o confinamento e facer exercicio dentro da casa, dunha
maneira diferente, dinámica e divertida.
Xa
sabedes:“ACTIVIDADE
FÍSICA e a FICAR NA CASA!”
"As aprendizaxes máis importantes da vida fanse XOGANDO".
Francesco Tonucci
"Nada encende máis a mente dun nenx como XOGAR".
Dr. Stuart Brown
ACTIVIDADES
FÍSICAS 18
O XOGO debe ocupar unha posición privilexiada na formación integral dun nenx, xa que non é só un xeito de divertirse, tamén é
unha ferramenta de aprendizaxe moi valiosa.
Mentres xs
nenxs xogos: crean, exploran, imaxinan, inventan situacións, buscan solución
aos diferentes retos que se lle propoñen...
“xs nenxs deben aprender xogando e xogar
aprendendo”.
No día a día
dxs nenxs o xogo debería ter un papel protagonista!
Esta semana
lázovos a proposta de que vos acheguedes aos maiores da familia e lle
preguntedes:
A QUE XOGABAN CANDO ERAN PEQUENXS?
Os xogos
populares, forman parte da nosa cultura, de feito, ocupan un lugar moi importante.
Abride ben as orellas e prestade moita atención ao que vos van a contar, e despois...
XOGADE!
Poñede en
práctica os xogos dos que vos falan os vosos familiares e desfrutade en familia
do tempo libre do que dispoñemos agora.
Cando
por fin deixaron saír a pasear, a cativa tíñao claro... Levaba agardando este
momento demasiados días, e o único que desexaba era camiñar a carón da súa
avoa.
Antes
do confinamento, acostumaban a saír xuntas a pasear pola aldea. Á pequena
encantáballe compartir esas andainas coa súa lela, porque sempre ían
acompañadas de fantasticos contos, máxicas lendas e fermosas historias.
Cando
chegou a hora, a pequena termou forte da man da súa querida lela e dispuxéronse
a comezar a camiñata.
Despois
de tantos días ficando na casa, a avoa tivo unha gran idea:
- Miña
ruliña, no canto de ires a dar unha volta pola aldea, hoxe imos a pasear pola
fraga.
Á
cativa pareceulle unha gran idea, pois o confinamento durara moito tempo, e o
que máis lle apetecía era mergullarse na natureza, desfrutar do asubío do vento
entre as follas das árbores, percibir o baile das polas rendidas ao ritmo
marcado polo nordés, deixarse levar polo canto das aves rebuldeiras pola
chegada da primavera, sentir o arrecendo da herba dos inmensos prados ateigados
de flores silvestres e de curiosos insectos...
Nunca
se detivera a pensar no afortunada que era de vivir rodeada desa paisaxe tan
marabillosa. Ata ese momento nunca cavilara no valor da súa terra, mais,
despois de tanto tempo “encarcerada” no seu fogar reflexionou sobre a
verdadeira valía do entorno natural.
Avanzaban
paseniño, pois a cada pouco detíñanse no medio do camiño: a coller estalotes
para estoupalos, a facer asubíotes coas herbas, a zugar o doce sabor dos chuchameles,
a buscar xoaniñas pousadas nas fermosas flores, a perseguir bolboretas...
Se
decatarse, foron adentrándose na fraga. Parecía un lugar de conto.
As
polas das diversas árbores formaban arcos naturais decorados polas follas que
se abrazaban entre si e deixaban asomar ás flores que a chegada da primavera
facía brotar. Unha perfecta sintonía, na que se fusionaban o zoar do vento co
cantar dos merlos e xílgaros que voaban de árbore en árbore, acompañábaas como
se dunha banda sonora se tratase.
Adentráronse
tanto, que á cativa non lle era coñecido o lugar, mais para a lela era un lugar
cargado de recordos.
No
medio da fraga erguíase unha árbore inmensa. Tan grande, que acaparou toda a
atención da pequena, que se achegou correndo para contemplala de preto.
A
medida que se achegaba os seus ollos abríanse máis do asombro que supoñían as dimensións
do carballo. Pero, a escasos metros detívose en seco. A árbore era xigante,
farían falta unha ducia de persoas para poder abarcar o seu tronco. Mais, a súa
copa, estaba baleira, apenas unhas poucas follas vestían as súas polas. Parecía
núa, coma se estivese na metade do inverno, máis, nese momento, todos as
árbores lucían unhas grandes e verdes follas cubrindo as súas polas.
-
Avoa... que lle pasa a esta árbore?
-
Esta árbore está morrendo...
-
Por que lela?
-
Conta a lenda que este é a árbore da lingua. Leva nesta fraga dende tempos
inmemoriais, medrando e nutríndose das verbas das xentes do lugar.
Cando
eu era cativa, viña aquí a xogar cxs demais nenxs da aldea: gabeábamos polas
súas polas, facíamos unha roda e bailábamos ao seu redor, xogábamos as
agachadas... raro era o día que non a íamos visitar.
Os
maiores tamén viñan aquí, parellas de namorados a gravar o seu amor tallando as
súas iniciais na súa codia, avós para sentarse e charlar, grupos de mozxs para
montar unha foliada... este carballo era parte do noso pobo, pois medraba
grazas á nós, nutríase da nosa lingua.
Medraba
día a día, o seu tronco engrosaba, as polas alongábanse e multiplicábanse á vez
que se cubrían de milleiros de follas fermosas e verdes, dun verdor que
delataba a saúde da árbore.
A
nena contemplaba abraiada sen pestanexar, sen dar un chío e coas orellas moi
atentas á súa avoa, mentres lle contaba aquela historia tan singular.
A
avoa proseguiu:
-
Esta árbore é máxica, non hai outra coma ela. É o un carballo único. Mellor
dito... érao.
-
Por que, avoa?
-
Porque era o único carballo perenne do mundo. Non era caducifolio como todos os
seus irmáns, que cando chega o outono perden as súas follas, pasan o inverno
coas súas polas núas e na primavera vólvenlles a brotar.
Mais,
duns anos para aquí, cada vez que nos achegábamos a observala, decatámonos de como
algunhas das súas follas tornaban de verde a amarelo, posteriormente a laranxa,
marrón... ata rematar caendo no chan.
Ao
principio eran poucas follas, e ninguén lle deu importancia, pero, a medida que
pasaban os anos, cada vez caínlle máis... as polas ían quedando espidas, e non
brotaban... ata o de agora pequena, que apenas lle quedan unhas poucas.
Sentaron
na herba e apoiáronse coas costas no tronco da árbore:.
-
Avoa, por que lle pasa isto ao carballo?
-Pois,
a vida do carballo está intimamente ligada á vida da nosa lingua. Dende hai
anos o galego estase perdendo, ten menos falantes, ameaza coa súa extinción, polo tanto, se a nosa lingua morre... o carballo
morrerá con ela.
A
pequena entendeuno perfectamente, e nese momento sentiu como o seu corazón se
encollía, saloucou e deulle unha aperta forte á súa avoa. Estaba moi aflixida,
e non podía crer que ó carballo é á súa lingua lles esperase ese horrible final.
Ficou
calada durante todo o camiño de volta á casa. Non dixo nada no que durou o día.
Empatizou tanto coa historia que lle contou a avoa, que non deixara de cavilar
a maneira de loitar contra ese inxusto final. Non ía a permanecer de brazos
cruzados. Non ía a permitir esa morte...
Á
mañá seguinte, almorzou en silencio e despois preparouse para realizar a
videochamada semanal coa mestra e cxs compañeirxs do cole. Levábana facendo
dende que comezara o confinamento e a ela encantáballe ver a través da pantalla
a todxs xs seus amigxs e poder falar un ratiño con elxs para saber que tal lles
fora a semana.
Esta
vez ía a ser especial, pois durante a noite argallara un plan...
Cando
a súa mestra lle deu a quenda de palabra para falar, a pequena aproveito para contarlles
axs compañeirxs a experiencia que vivira na fraga o día anterior.
O
sentir do grupo foi unánime...
O
CARBALLO DA LINGUA NON PODÍA MORRER!
E só
había unha arma coa que combater... FALAR GALEGO!
Toda
a clase unificou forzas para loitar xuntos. Promoveron unha iniciativa entre o
resto do alumnado do centro. A iniciativa transcendeu a outros coles da zona
baixo o lema:
“Ó NOSO CARBALLO NON PODE MORER.
FALEMOS GALEGO PARA O SOCORRER!”
De
novo os cativxs déronlle unha gran lección á sociedade (ao igual que o fixeron
na loita contra o coronavirus), empatizaron, concienciáronse, uníronse na
loita...
A pequena
sabía que sola non podería solucionar o problema, mais, estaba segura que XUNTOS
si que o conseguirían!
* Cando
pasees por unha fraga, e te atopes con un gran carballo, un carballo que
asemelle especial... quizais sexa a árbore desta historia... a árbore da
lingua, ou mellor dito... da SUPERLINGUA!
Con todo o meu agarimo para
o meu alumnado do CPI Pontecesures, neste día das LERAS GALEGAS.
Rememorando as verbas de
Manuel María:
“O idioma é a forza que nos
xungue e sostén,
se perdemos a fala, non
seremos ninguén”.
Nas vosas mans está que non
perdamos o noso maior tesouro, a nosa lingua.
FALADE MENIÑXS, FALADE
GALEGO!
(Rosalía de Castro)
Berena Fontela Turnes
Maio 2020
Conto
baseado na canción “SUPERLINGUA” da Gramola Gominola.
Moitas
grazas ao grupo por autorizarnos a empregar a súa música, e en especial á compositora
desta fermosa e reivindicativa letra, Paula Romero Canedo, unha muller de gran
talento, comprometida coa cultura e a lingua galega.
Foi unha experiencia marabillosa volver a
vernos despois de tantos días. Cando nos despedimos ningún pensabamos que sería
por tanto tempo.
A pantalla achegounos e serviunos para
desfrutar dun momento de charla, de intercambio de vivencias, de anécdotas
deste confinamento, de palabras bonitas, de apertas a distancia e de bicos polo
aire.
Moitas grazas por a todos os que vos
conectastes, e os que non o puidestes facer, non vos preocupedes, porque haberá
máis videochamadas.
O BAILE É UNHA ARTE QUE CONSISTE EN EXPRESARSE MEDIANTE
MOVEMENTOS DO CORPO AO RITMO DA MÚSICA.
A
través do baile expresamos sentimentos, sensacións e incluso opinións.
Todas
as culturas bailan! Bailamos dende o comezo dos tempos, pois a música e o movemento
sempre estiveron presentes nas diferentes culturas ao longo da historia.
Cando
bailamos hai unha conexión entre corpo e mente. Podemos bailar por infinidade
de motivos, por tantas razóns como experiencias ou persoas hai. Pero o que é
innegable e que cando bailamos baleiramos a mente para deixar fluír o
movemento, para desconectar, para liberar tensións e deixar a un lado as
preocupacións... é unha actividade completa que produce ledicia e felicidade.
A
sesión de ACTIVIDADES FÍSICAS
que vos propoño hoxe é un tanto diferente...
“O
baile pode revelar todo o misterio que a música concede”.
Charles Baudelaire
Neste
caso o BAILE é
o protagonista e a LIBERDADE
EXPERESIVAdebe ser o fío condutor.
“Cando
bailas podes desfrutar do luxo de ser ti mesmo”.
Paulo Coelho
Sentídevos
libres para expresar a través do voso corpo o que vos transmiten as cancións
que deixo a continuación.
Xa
que esta semana celebramos o día das LETRAS GALEGAS apostei por unha
selección de música en galego de grandes intérpretes da nosa Terra (voces
femininas de actualidade e tamén de antano) que agardo que vos guste.
O corazón dxs mestrxs quedou confinado
dentro das escolas, coa esperanza de que a separación repentina pasase canto
antes.
As malas noticias afastábannos cada día
máis dunha posible reincorporación ás aulas. Os ánimos decaían, as emocións
afloraban baixo a pel e a saudade instalábase.
O corazón permanecía na escola, si, pero
nunha escola repleta da ledicia coa que o noso alumnado enche cada recuncho.
Para nós, a escola non é un edificio, é
moito máis: o noso lugar de traballo, o noso segundo fogar, a nosa vocación, o
espazo no que convivimos cos seres máis marabillosos do mundo... XS
ALUMNXS!
Traballamos
POR E PARA ELXS!
Pero da noite á mañá, este virus
desalmado debuxou unha fronteira entre nós para manternos separados (pero a
salvo).
Esforzámonos día a día para poder
continuar coa nosa labor a distancia. O máis duro non é o horario duplicado,
nin os fallos “técnicos”, o máis difícil de levar é NON PODER VERVOS!
Pero hoxe puxémoslle solución... Certo que foi VIRTUAL, pero serviu para
saudarnos coa emoción contida en todos estes días de confinamento, para apertarnos
a través da pantalla, para sentirnos na dozura das palabras (esas que ao
principio custaba facer fluír), para sentir que todo isto pasará (xa queda
menos) e que pronto poderemos estar XUNTXS na nosa escola, nas nosas aulas, para falar de todo o que non puidemos,
para darnos as apertas que quedaron pendentes, os bicos que nos foron
arrebatados, e para seguir aprendendo... XUNTXS!
PARA A SEMANA MÁIS!
* Ao longo desta semana subiréi o horario para a VIDEOCHAMADA próxima.
Aquí vos
deixo a entrega número 16 de ACTIVIDADES
FÍSICAS#EuFicoNaCasa, con novas propostas de
actividades para levar mellor o confinamento e facer exercicio dentro da casa, dunha
maneira diferente, dinámica e divertida.