O BAILE É UNHA ARTE QUE CONSISTE EN EXPRESARSE MEDIANTE
MOVEMENTOS DO CORPO AO RITMO DA MÚSICA.
A
través do baile expresamos sentimentos, sensacións e incluso opinións.
Todas
as culturas bailan! Bailamos dende o comezo dos tempos, pois a música e o movemento
sempre estiveron presentes nas diferentes culturas ao longo da historia.
Cando
bailamos hai unha conexión entre corpo e mente. Podemos bailar por infinidade
de motivos, por tantas razóns como experiencias ou persoas hai. Pero o que é
innegable e que cando bailamos baleiramos a mente para deixar fluír o
movemento, para desconectar, para liberar tensións e deixar a un lado as
preocupacións... é unha actividade completa que produce ledicia e felicidade.
A
sesión de ACTIVIDADES FÍSICAS
que vos propoño hoxe é un tanto diferente...
“O
baile pode revelar todo o misterio que a música concede”.
Charles Baudelaire
Neste
caso o BAILE é
o protagonista e a LIBERDADE
EXPERESIVA debe ser o fío condutor.
“Cando
bailas podes desfrutar do luxo de ser ti mesmo”.
Paulo Coelho
Sentídevos
libres para expresar a través do voso corpo o que vos transmiten as cancións
que deixo a continuación.
Xa
que esta semana celebramos o día das LETRAS GALEGAS apostei por unha
selección de música en galego de grandes intérpretes da nosa Terra (voces
femininas de actualidade e tamén de antano) que agardo que vos guste.
PROPOSTA DE CANCIÓNS:
- “ROLLING STONE” - Ses
- “ANAGNÓRISE” – A banda da Loba
- “DONA TRONA” – A Gramola Gominola
- “GALICIA TERRA MEIGA” – Ana Kiro
Ø
Podedes elixir unha, varias ou todas as
cancións.
Ø
A coreografía ou o baile non ten que ser da
canción completa, podedes bailar un anaco, por exemplo o retrouso (estribillo).
Ø
Animádevos a bailar en FAMILIA!
Ø
Atrevédevos a caracterizarvos ou disfrazarvos:
desinhibídevos, bailade sen vergonza, deixádevos levar, divertídevos...
desfrutade da música!
Ø
Gravádevos bailando e mandádeme os vídeos.
Ø
Valorarei positivamente a participación nesta
actividade (ao igual que o fago cas outras actividades físicas propostas).
BAILEMOS!
Bailemos sen medos!
Bailemos sen vergoña!
Bailemos coma se ninguén nos mirara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.