sábado, 23 de maio de 2020

BAILADE e XOGADE!

A fin de semana está para desconectar, descansar, desfrutar do tempo libre...

BAILANDO e XOGANDO en familia podedes pasalo moi ben!
Así que aproveitade para facer as propostas dos VÍDEOS 17 e 18 de ACTIVIDADES FÍSICAS.

Tedes ata finais deste mes de maio para enviarme os vosos vídeos BAILANDO para facer unha montaxe con todos que seguro que quedará chulísima!

Podedes disfrazarvos e participar toda a familia. Liberade a vosa imaxinación e deixádevos levar polo ritmo da música. Sentídevos libres para expresarvos e deixando a un lado a vergoña. 

* Lembrade que as cancións que podedes bailar están na publicación de Actividades Físicas 17 (podedes vela un pouco máis abaixo desta).

* A participación valorarase positivamente!


BAILADE!



XOGADE!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.