venres, 8 de maio de 2020

3ª AVALIACIÓN E.F.


ACTIVIDADES FÍSICAS
#EuFicoNaCasa

Pouco a pouco imos camiñando cara unha nova NORMALIDADE.

O terceiro trimestre segue avanzando virtualmente e achegámonos á recta final do curso.

Dende que comezou o confinamento a mediados do mes de marzo, comecei a gravar VÍDEOS con propostas de actividades físicas para que as puidésedes realizar dende os vosos fogares.

Do mesmo xeito que seguides realizando as tarefas das demais materias, non debedes deixar de lado a EDUCACIÓN FÍSICA. O corpo e a mente son igualmente importantes, e polo tanto hai que exercitar ambos.

Chegáronme vídeos de algúns/has de vós realizando as diferentes actividades propostas, pero agora gustaríame ter noticias dxs que faltades.
(O material recibido terase en conta positivamente para a avaliación).

* Ao final deste documento déixovos os enlaces dos 15 VÍDEOS publicados ata o momento (seguirei subindo 2 vídeos semanalmente ata o remate do curso). Entrade neles, reproducídeos e realizade algunha das actividades propostas. Que vos graven e mandádeme os vídeos por correo electrónico:
berenaftprofe@gmail.com


Lembrádevos de entrar periodicamente no meu blog, para acceder aos novos vídeos (tamén tedes acceso aos antigos), á vez que poderedes atopar información de interese sobre todas as iniciativas levadas a cabo polo centro:
aauladebere.blogspot.com

“A falta de actividade destrúe a boa condición de todo ser humano, mentres que o movemento e o exercicio físico a conservan”.
Platón


ENLACES VÍDEOS (do 1 ao 15)
ACTIVIDADES FÍSICAS
#EuFicoNaCasa


* Actividades Físicas 1:

* Actividades Físicas 2: PELOTA

* Actividades Físicas 3: EQUILIBRIO

* Actividades Físicas 4: MEMORIA

* Actividades Físicas 5: XOGO DA OCA

* Actividades Físicas 6: CADEIRAS

* Actividades Físicas 7: PANOS
https://youtu.be/Oo1rlXC3UjE

* Actividades Físicas 8: OBSTÁCULOS

* Actividades Físicas 9: VASOS DE PLÁSTICO

* Actividades Físicas 10: ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO

* Actividades Físicas 11: XOGOS DE ATENCIÓN

* Actividades Físicas 12: GLOBOS

* Actividades Físicas 13: DEBUXA COMO POIDAS!

* Actividades Físicas 14: LANZAMENTOS

* Actividades Físicas 15: VELOCIDADE DE REACCIÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.