57
DÍAS son demasiados días...
O corazón dxs mestrxs quedou confinado
dentro das escolas, coa esperanza de que a separación repentina pasase canto
antes.
As malas noticias afastábannos cada día
máis dunha posible reincorporación ás aulas. Os ánimos decaían, as emocións
afloraban baixo a pel e a saudade instalábase.
O corazón permanecía na escola, si, pero
nunha escola repleta da ledicia coa que o noso alumnado enche cada recuncho.
Para nós, a escola non é un edificio, é
moito máis: o noso lugar de traballo, o noso segundo fogar, a nosa vocación, o
espazo no que convivimos cos seres máis marabillosos do mundo... XS
ALUMNXS!
Traballamos
POR E PARA ELXS!
Pero da noite á mañá, este virus
desalmado debuxou unha fronteira entre nós para manternos separados (pero a
salvo).
Esforzámonos día a día para poder
continuar coa nosa labor a distancia. O máis duro non é o horario duplicado,
nin os fallos “técnicos”, o máis difícil de levar é NON PODER VERVOS!
Pero hoxe puxémoslle solución... Certo que foi VIRTUAL, pero serviu para
saudarnos coa emoción contida en todos estes días de confinamento, para apertarnos
a través da pantalla, para sentirnos na dozura das palabras (esas que ao
principio custaba facer fluír), para sentir que todo isto pasará (xa queda
menos) e que pronto poderemos estar XUNTXS na nosa escola, nas nosas aulas, para falar de todo o que non puidemos,
para darnos as apertas que quedaron pendentes, os bicos que nos foron
arrebatados, e para seguir aprendendo... XUNTXS!
PARA A SEMANA MÁIS!
* Ao longo desta semana subiréi o horario para a VIDEOCHAMADA próxima.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.