martes, 5 de maio de 2020

PROPOSTA: DÍA DAS LETRAS GALEGAS




O DÍA DAS LETRAS GALEGAS é unha celebración para homenaxear ás persoas que destacaron polo seu aporte literario no idioma GALEGO.





Dende 1963, cada 17 de MAIO a RAG (Real Academia Galega) dedícalle esta conmemoración a unha personalidade diferente. Este ano, o homenaxeado é CARVALHO CALERO.







A data de celebración coincide coa publicación do primeiro exemplar da obra “CANTARES GALLEGOS” de Rosalía de Castro. Data que marca o inicio do REXURDIMENTO, o renacemento cultural galego.

O 17 de maio non só homenaxeamos a un persoeiro, a conmemoración vai moito máis aló, posto que homenaxeamos a nosa FALA, a nosa LINGUA, o noso IDIOMA, en definitiva a nosa IDENTIDADE.


Como dixo  CASTELAO “se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do IDIOMA”.








De todxs é sabido o momento tan duro e difícil que está a vivir a nosa lingua, que cada ano que pasa achégase máis á unha “morte” segura.

* Expertxs aseguran que ao idioma GALEGO quédanlle aproximadamente 40 ou 50 anos de vida.  

Duro? Durísimo, mais, isto ten unha sinxela explicación... se unha lingua non se fala... MORRE!

Cada día fálase menos galego, sobretodo entre a xente a nova, entre xs cativxs.  Se un idioma non ten quen o fale... DESAPARECE!

Queda claro entón, que o futuro da lingua (igual que o futuro de todo) esta nas mans dxs máis pequenxs.








Se o saber non ocupa lugar... calquera saber é un coñecemento valioso, un tesouro. Cantas máis linguas saibamos, máis ricos seremos. Máis, a nosa LINGUA, polo que representa para NÓS, como pobo, ten un VALOR INCALCULABLE, que por desgraza durante moito tempo non se lle soubo dar... non cometamos os mesmos erros!












Sintámonos ORGULLOSOS
DO NOSO:
* Da nosa TERRA.
* Das nosa CULTURA.
* Das nosas TRADICIÓNS.
* Da nosa LINGUA.
* DAS NOSAS LETRAS!






PROPOSTA para o DÍA DAS LETRAS GALEGAS:

Xa sabemos que estamos ante unha situación excepcional, pero iso non vai a impedir que celebremos as LETRAS GALEGAS como se merecen.

Dende o EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega) queremos levar a cabo unha proposta na que participedes todo o ALUMNADO mandando unha FOTO:

 

- Na foto deberedes aparecer vós, agarrando un
“BOCADILLO” (coma o do cómics).

- Dentro do bocadillo deberedes escribir unha PALABRA ou unha FRASE en GALEGO, QUE SE LEA BEN! (Elixide a palabra ou frase que queirades).

- Enviádea a foto ao CORREO:

- DATA LÍMITE para enviar a FOTO: 14 de MAIO

* O día 17 de MAIO subiremos a MONTAXE coas FOTOS ao blog do EDLG:
trasnoparoleiro.blogspot.com

* E tamén ao blog:
aauladebere.blogspot.com



ENCHAMOS AS REDES CON
VERBAS EN GALEGO!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.