Os martes pola, e cando @s mestr@s do cole de Fontiñas, temos que vir pola tarde para reunirnos entre nós, organizar todas as actividades que se van a desempeñar, atender ás familias... e hoxe, igual que calquera outro martes, acudín ó cole co fin de ultimar detalles para mañán, último día de cole.
Cal é a miña GRAN SORPRESA, cando abro a porta da miña aula e me atopo todo a escuras, e todos os meus pequech@s xunto coas súas familias me estaban agardando para facerme unha fermosa e emotiva despedida.
Recibin uns agasallos preciosos, que abrín coas mans tremendo da emoción e os ollos coas bágoas asomando...
* Unha fermosa figuriña de chocolate branco: unha mestra cunha pizarra co nome de tod@s @s alumn@s. Moi apetecible pero tan chula que da mágoa comela...
* Un chaveiro especial e único coa firma de todos os pequech@s respetando a súa caligrafía. Espectacular!
* E un pen drive que escondía un video que me puxo a pel de galiña, na que cada un dos peques, un por un me adicaba unhas verbas...
que despois meticulosamente encadernáchedes para que ademais que no video poidese quedarme con ese fermoso agasallo en forma de libriño, que dende hoxe ocupará un luga moi especial na miña biblioteca persoal.
Para min como mestra, que os meus pequech@s sintan ese cariño e apego por min é un orgullo, pero cando ademais dos peques tamén o notas e cho trasmiten as familias, entón o sentimento é de xubilo e de satisfación plena. Este recoñecemento pola vosa parte, e o cariño que me mostráchedes durante todo o curso, e o gran día de hoxe, son o mellor agasallo que me podo levar.
Intentei dicir unhas palabras de agradecemento no momento, pero apenas me saía pouco máis que GRAZAS, GRAZAS e GRAZAS por isto, e por toda a colaboración que tiven pola vosa parte durante todo o curso, pola vosa implicación en cada actividade, por bolcarvos en todos e cada un dos proxectos que levamos a cabo, por cada sorriso e cada saido día tras día, polas vosas palabras de agradecemento ante o traballo realizados...
MIL GRAZAS POR TODO FAMILIAS!
Sendo un comezo de curso difícil para min, despois de levar moitos anos afincada nun centro co meu destino definitivo, vós fixéchedes que día a día me fose sentindo comoda e feliz no cole de Fontiñas. Xuntos conseguimos levar adiante un proxecto educativo no que familia e escola colaboramos na educación dos vosos, e permitídeme tamén, dos meus pequech@s.
Espero que eles non se esquezan de min, e que cando sexan maiores poidan entrar en "A Aula de Bere" para lembrar todas es experiencias deste curso 15-16. Eu asegúrovos que eles xa teñen un anaquiño do meu corazón e sempre se quedarán ahí, ó igual que vós.
ATA SEMPRE!