Despois de planificalo todo onte, hoxe, nada máis entrar pola porta, cada pequecho@ foi colocando a FROITA que trouxo enriba da mesa.
O primeiro que fixemos foi "escribir" a RECEITA coas froitas que íamos empregar:
Nomeamos cada froita, contámos cantas había, e analizamos algunha das súas características: cor, forma, tamaño, textura...
Despois puxémonos "mans á obra":
* O primeiro foi LAVAR a froita: os amorodos e as mazás, posto que tanto as laranxas coma os plátanos, xa se lles quita a pel.
* Despois tocou CORTAR en anacos pequenos as froitas.
* EXPRIMIMOS as laranxas.
* Xuntamos todos os anacos de froita e engadimos o ZUME.
* Deixámola repousar e cando chegou a hora do merenda...
A PROBALA! mmm...
Con esta actividade, traballamos a importancia da froita na dieta diaria.
Aquí vos deixo unha canción relacionada coa FROITA, coa que os pequech@s non pararán de mover o esqueleto.
TOMA FRUTA - Bom Bom Chip
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.