A exploración, a creatividade e a diversión son elementos que sempre deben estar presentes nunha aula.
Durante este curso intentei que esto fose posible, e agora ó rematar, todavía con maior énfase. Pois despois de todos estos meses de traballo, esforzo, novas aprendizaxes e moitas experiencias, os pequech@s teñen ben merecido despedir o curso por todo o alto, realizando actividades que lles deixen un bo sabor de boca, para que marchen cargados de cousas positivas e así en setembro estén desexando volver ó cole.
Así que hoxe DESCALZÁMONOS e deixamos "voar os nosos PÉS" por un lenzo en branco.
Primeiro entraban no papel continuo amodiño, sentindo pouco a pouco a textura e a temperatura da pintura na planta dos seus pés, pero rapidamente se soltaban para deslizarse, patinar, mesturar as cores e crear unha gran obra de arte.
Ata os mestres quixemos probar!
O resultado... para gustos, pero asegúrovos que o proceso foi incrible!
Despois de pintar, lavamos os pés!
Cando secaron as obras de arte, os artistas, firmáronas.
Colocámolas (un anaco delas, pois eran tan grandes que non collían enteiras) no corredor, para que as familias piodan gozar observándoas.
Penso que hoxe foi un gran día para eles!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.