Hoxe ANXO DOVAL entrou pola porta da aula cun pequeno recipiente que contiña...
UN GRILO!
Contounos que, durante a fin de semana, o collera co seu pai na casa dos seus avós en Villestro.
Rápido o clasificamos dentro dun grupo de animais como: a xoaniña, o saltamontes, a mosca, o mosquito... aproveitamos para falar dos insectos (ou como eles lle chamaron bichos) un animais de pequeno tamaño con antenas na cabeza, 6 patas e algúns con ás que lle permiten voar.
Houbo un momento no que todos quedamos calados porque o grilo comezou a cantar: "cri-cri, cri-cri". E aprendemos unha cousa moi curiosa, que só os machos cantan e que o fan frotando as súas patas traseiras contra as ás.
Fíxonos moita ilusión que trouxera un grilo porque puidemos recordar o que foi quizás un dos contos maís especiais no período de contacontos (conta-conmigo) no que participaron as familias.
O conto "O GRILO BENITO"
Dende aquel día empezamos a traballat un pouquiño esta lingua signando os nosos nomes.
Mirade que chulos quedaron os nosos debuxos do grilo Benito:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.