xoves, 2 de xuño de 2016

SORPRESA...


Lembrádesvos das nosas EIRUGAS de Papilio Machaon, que no mes de outubro fixeron a crisálida e dende entonces estamos agardando a ver que acontece?


Pois hoxe aconteceu algo INCRIBLE...


Ao chegar pola mañán observamos que unha das catro crisálidas que estaban de cor verde, víase algo diferente: coma transparente, coma si se intuise o que había dentro, algo de cor amarelo e negro...




Ao pouco de mirar, algo chamou a nosa atención...
Saiu a primeira BOLBORETA!


POR FIN! 
Que ilusión nos fixo... 

Levábamos agardando este momento todo o curso pero mereceu a pena, pois era unha bolboreta moi grande e fermosa.

Cando nos decatamos, achegámonos sixilosamente para poder observala de preto: Como acababa de saír aínda estaba "estirando as ás".



Tamén viñeron os compañeir@s de 4 anos B, e a escasos centímetros puidemos ver cada detalle: as ás grandes, o tórax peludo, as 6 patas, os ollos, as antenas, ata a lingua tan especial en forma de espiral...



QUE PASADA!



A medida que pasaban as minutos a bolboreta ía espabilando e decidíu bater as súas ás e pousarse nalgún dos pequech@s.




Despois liberámola nunha das plantas do noso horto, que tiña unha flor amarela moi apetecible.




Así é como "representamos" nós a nosa bolboreta:


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.