Hoxe comezou o mes de XUÑO, un mes especial por diversos motivos:
* Remata o curso.
* Marchamos de vacacións.
* Chega o verán.
Despois de todos os meses realizando diferentes proxectos e aprendendo de diversas maneiras, para rematar o curso "ó grande" decidín preparar diversas actividades que xiren en torno ó centro de interés "O VERÁN".
Realizamos unha "TORMENTA DE IDEAS", no que @s pequech@s foron dicindo palabras e cousas que relacionaban co verán.
* Sol, vacacións, flores, froita, manga curta, pantalón curto, gorras, bañador, piscina, praia, castelos de ares, globos de auga, pistolas de auga, mangueiras de auga, xeados, pasear en barca/o...
Todas estas ideas servirán para plantexar diversas actividades coas que sigan aprendendo e sobretodo divertíndose, para que rematen o cole cunha boa sensación e así a volta, para o curso que ben, sexa algo que agarden con ilusión.
* Esperemos que o tempo nolo permita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.