mércores, 8 de xuño de 2016

SOPRAMOS PINTURA

Xa sabedes que somos uns grandes ARTISTAS que lle "pegamos" a todo, esculturas con plastilina, modelado con barro, debuxo con diferentes técnicas e materiais, obras de arte con témpera e pincel, collages... de todo un pouco!

Pois hoxe toucoulle o turno a unha nova técnica: o SOPRADO DE PINTURA!

Empregamos temperas de diversas sores diluidas en auga; espallamos varias pingas desta mistura polo papel, e despois... a soprar!




Mirade que OBRAS DE ARTE!



Somos, ou non somos artistas? 


Ainda que o resultado final é incrible, o mellor foi facelo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.