Hoxe a MOCHILA VIAXEIRA chegou do seu derradeiro viaxe... ISMAEL gozou dos libros que esta contiña xunto coa súa familia.
O libro que primeiro quixo ler foi o de "O RÍO E A LAGOA", e despois de lelo, como preto da súa casa pasa o río Sarela, foron de expedición.
Co libro de poemas de Rosalía de Castro "BAILA RAPASA", pasouno en grande imitando voces e sons.
O que máis lle gustou foi o conto de "SACAPENAS", por iso llo tiveron que contar varias veces.
O boneco sacapenas de Isamael é un peluche de Marshall da "patrulla canina", co que durme todas as noites.
O que máis lle gustou foi o conto de "SACAPENAS", por iso llo tiveron que contar varias veces.
O boneco sacapenas de Isamael é un peluche de Marshall da "patrulla canina", co que durme todas as noites.
Outro dos libros cos que Ismael desfrutou ó máximo, foi o cómic de "MARCOPOLA", xa que a el lle encantan as historias de piratas. Mirade que galeón e que illa tan chula lle dibuxou o seu pai... con tesouro incluido!
Colocamos a mochila, o diario e o libros, no noso recuncho informativo, para que durante estes días @s pequech@s poidan acceder a eles, miralos, observar e recordar o que fixeron eles e os seus compañeir@s...
* A MOCHILA rematou o seu VIAXE... por este curso! Espero que ademais de fomentar a lectura, obxectivo principal desa actividade, gozárades ó máximo compartindo esta experiencia cos vosos fill@s.
Moitísimas grazas familias pola vosa implicación e colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.