domingo, 12 de xuño de 2016

REUTILIZAR...

Na nosa aula, RECICLAMOS os residuos que xeramos ó longo do día, en diferentes contenedores. Pero ademais intentamos REUTILIZAR envases e materiais que se poidan empregar para darlles outro uso. Como exemplo temos o noso recuncho de artística, na que con diferentes materiais de refugallo @s alumn@s deixan voar a súa imaxinación e crean todo tipo de "artiluxios".


ANXO DOVAL, trouxonos unha mostra de como reulitizando, pódense facer cousas chulísimas e útiles. Trouxo á aula unha imaxes dunha CASIÑA PARA PAXAROS, que fixo con axuda da súa familia. Contounos o mateiral que empregou e como a fixo... MOI BO TRABALLO!



Eles saben a importancia que ten tanto a reciclaxe coma a reutilización para coidar o noso planeta e aproveitando o que nos trouxo Anxo, fixemos de novo fincapé nisto. 

Animádevos e REUTILIZADE!

* Pois ademais de axudar a coidar o noso planeta, podedes compartir un momento moi entretido c@ vos@ pequech@, fomentando a súa creatividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.