martes, 30 de outubro de 2018

SAMAÍN 2018


 Hoxe no CPI de Pontecesures celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO.

Os corredoiros do cole enchéronse de cabazas, vasoiras, cestas de outono, e demais DECORACIÓN relacionada coa temática.






En plástica, xs alumnxs de E.P.  elaboraron, en equipo, unhas “coroas de Samaín” para adornar as portas.





Ataviados de vestimentas aterradoras, comezamos o día acudindo ao VI CERTAME DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR.




O alumnado da E.S.O. tíñanos preparada unha pequena obra de teatro na que os xoguetes cobraban vida para relatarnos unha historia terrorífica.



Entregáronse os premios aos mellores relatos e vídeos de terror.




Durante o certame, tamén puidemos ver as curtametraxes realizadas. 

Aquí vos deixo as de:
* de E.P:  “UN OLLO DE VIDRO”







* , , , A e B de E.P: “E.F. ENFEITIZADA” 



* Os realatos e vídeos premiados podedes velos no blog de “O trasno paroleiro” (Equipo de Dinamización e Normalización da Lingua Galega).




O tempo non axudou, e o MAGOSTO pasado por augo, impediu que puidésemos gozar da sesión de XOGOS prevista. (Intentaremos realizalos noutro momento, cando o clima o permita.







Degustamos as exquisitas castañas nas aulas, e cada grupo adicou o tempo que estaba reservado aos xogos, a outro tipo de actividades: visionado dunha película, xogos de mesa, tempo de xogo por equipos... 

Ao final, a choiva non nos estropeou a festa!



sábado, 27 de outubro de 2018

"PILLA-PILLA"

 O inicio da sesión de E.F. sempre inclúe un QUECEMENTO.

* O quecemento é o conxunto de exercicios dos músculos e das articulacións que teñen como finalidade preparar ao organismo para un mellor rendemento físico e para evitar lesións.

Moitas veces, o quecemento ten como fío condutor un xogo que todxs coñecemos... o “PILLA-PILLA”, pero introducindo variantes, materiais...

* “PILLA – PILLA CON CORCHOPÁN”: Varios alumnos, cun corchopán na man, deben tocar no tronco xs compañeirxs para pillalos, ata que non quede ningún. A quen pilla, permanece de pé coas pernas abertas; para salvarse, un compañierx debe pasarle entre as pernas.



* “PILLA – PILLA DE ALTURAS”: a mecánica do xogo é a mesma que un pilla pilla normal, pero para permanecer a salvo, a casa é subirse aos bancos, onde non poden permanecer máis de 5 segundos. Pódese introducir ou modificar a maneira de salvar: tocar nunha parte determinada do corpo, dar unha aperta...



* “PILLA – PILLA EN CADEA”: todo un clásico. Un comeza pillando, e cada nenx que pilla únese “a cadea”, agarrados da man, para seguir pillando, ata que non quede ninguén.


* “CAZA BOLBORETAS”: todxs son bolboretas que “voan” polo bosque, x cazador, dotado cun aro, debe intentar atrapar ás bolboretas introducindo o aro “cazabolboretas” pola cabeza. A quen pille, debe coller un aro e axudar a pillar ás demais bolboretas ata que non quede ningunha.



* “O COIDADOR DE MONOS”: un nenx é o coidador, e xs demais son monos; uns monos moi inquedos que só queren xogar e trepar ás árbores (espaleiras). O coidador parte dende unha zona marcada, os monos agardan todos en liña imitando o son e os movementos deste animal. Ao asubío do chifre o coidador sae para intentar pillar ao monos, mentres estes escapan a catro patas intentando trepar ás espaleiras para estar a salvo. Os monos pillados convértense en coidadores, ata que non queda ningún.


martes, 23 de outubro de 2018

LER CONTA MOITO!

Casualemte, na prensa de hoxe, saen unha noticia relacionado coa actividade... 


LER... CONTA MOITO!



Iniciativa na que o Concello de PONTECESURES participa. 


Grazas a ela, o alumnado do noso cole, pode beneficiarse de sesións de CONTACONTOS, na BIBLIOTECA MUNICIPAL.



Durante todo o mes, todxs os nenxs, gozaron destas sesións. E hoxe tocoulle a quenda xs alumnxs de 5º e  de primaria.

O contacontos de hoxe, foi Fran, xunto coa súa marioneta, a señora Filipa, contaronos 3 historias moi entretidas:

* Unha de Carlos Casares sobre as trasnadas de Leo.
* Outra de Mº Victoria Moreno de "miedito". 
* E a última unha historia "orixinal" dunha nena de 8 anos, no que o protagonista era un pequeno hipopótamo que a topo preguntaba "E PO´QUE?".





Calquera iniciativa relacionada co fomento da lectura, sempre é ben recibida! 


CONCURSO POR EQUIPOS

Que mellor maneira de repasar antes de un exame que cun CONCURSO por equipos, de preguntas... 

Esta semana realizamos as primeiras probas escritas sobre o Tema 1, tanto de NATU como de SOCI

Para poder realizar un bo concurso, deben estudar, e a "competitividade" san, motiva a facelo...


Pensando a resposta, por si "caía algún rebote"...



mércores, 17 de outubro de 2018

LER... CONTA MOITO!


O CONCELLO DE PONTECESURES leva varios anos levando a cabo unha iniciativa relacionada co fomento da lectura, baixo o nome...

LER... CONTA MOITO!

Grazas a ela, o alumnado do noso cole, pode beneficiarse de sesións de CONTACONTOS, na BIBLIOTECA MUNICIPAL.

Durante todo o mes, todxs os nenxs, gozaron destas sesións. E hoxe tocoulle a quenda xs alumnxs de e de primaria.

Nesta ocasión, a temática, o centro de interese en torno ao que xiraban as hisorias, era... A COMIDA!



* Unha nena moi mal comedora...
* Outra que no seu cumple empachaba por golosa...
* Unha vaca que puxo un ovo...
* E un coelliño que so comía cousas de cor verde...


Pasamos un gran rato grazas as historias que encerraban os libros que a nosa contacontos nos contou (valga a redundancia). 


luns, 15 de outubro de 2018

O UNIVERSO


O primeiro tema que abordamos dende CIENCIAS SOCIAIS foi...

 O UNIVERSO

Un tema, que de por si, soe suscitar interese no alumnado. A pesar de que xa coñecen moitas cousas e teñen moita información sobre o tema, de cursos anteriores, sempre aparecen curiosidades e datos novos que conseguen captar a atención dxs nenxs, convertendo O ESPAZO, nun tema motivador e abraiante.

Acudimos á BIBLIOTECA do centro para recompilar todos os libros relacionados co tema (tamén aproveitamos para coller libros sobre o tema traballado en ciencias naturais: o corpo humano). Estes libros, pasaron a formar parte da nosa biblioteca de aula, e empréganos na hora da lectura (20 minutos despois do recreo); e quedan a disposición do alumnado para consultalos sempre que precisen ou consideren.



Dende a antigüidade, o ser humano alzou a vista ao ceo, con afán de saber máis...  Comezamos a estudalo e aínda así, debido ao carácter infinito do universo, apenas coñecemos unha parte moi, moi pequena do mesmo.

Estudamos aspectos relacionados cos astros que conforman o universo: estrelas, galaxias, constelacións, cometas, meteoritos... e planetas, concretamente os do noso Sistema Solar.

Centrámonos na Terra, e descubrimos que é un planeta en capas, cada unha cunhas características propias.

Tamén traballamos cos movementos que fai o noso planeta, un concepto, un tanto “abstracto” para a mente dxs nenxs, pois, dende o noso punto de vista, parece que somos nos o que estamos quedos, mentres que é o resto do universo o que se move...

Por iso empregamos un técnica para intentar entender a rotación e translación da Terra... Xs propios nenxs asumiron o papel de Terra, Sol e Lúa!


Así tamén traballamos os eclipses: de Lúa e de Sol.



Como tarefa final, cada alumnx tivo que realizar unha “maqueta” sobre algún dos conceptos traballados no tema.

Explicaron ante os compañeiros, que representaba a súa maqueta e como a elaboraron.









Con todas as maquetas realizamos unha EXPOSICIÓN, titulada:

 SISTEMA SOLAR



Preparamos invitacións, e levámosllas xs compañeirxs dos diferentes niveis de primaria, para que se acheguen a vela.






venres, 12 de outubro de 2018

EQUIPOS E.F. 18.19

Dentro da miña metodoloxía de traballo na materia de E.F. o XOGO EN EQUIPO, ten un gran protagonismo. Durante as sesións hai momentos para todo tipo de actividades segundo o agrupamento: gran grupo, pequeno grupo, parellas, individual... e equipos!

Está comprobado que formar parte de un equipo fortalece a honestidade, establece disciplina, motiva a responsabilidade e xenera compromiso.

As actividades nas que se enfronten os equipos, deben ser formativas, lúdicas, motivadoras, chamativas, sorprendentes... de xeito que promovan unha competitividade san, sacando o mellor de cada compoñente do equipo.

En cada equipo, fomentarei o respecto: que todos os membros se sintan valiosos, que saiban recoñecer as súas posibilidades e limitacións e respecten as dos seus compañeirxs... Destacando que o máis importante é o proceso, a actividade en si, e non o resultado. Xs alumnxs deben aprender a gozar a pesar dos resultados numéricos.


“A FELICIDADE É UNHA ELECCIÓN,
NON UN RESULTADO.
NADA CHE FARÁ FELIZ
ATA QUE TI ELIXAS SER FELIZ”


É fundamental o “xogo limpo”, e tamén o saber gañar e saber perder... Na miña filosofía de ensinanza, a frase coa que remata cada actividade e a de “BEN XOGADO”, coa que os membros de cada equipo felicita xs compañeirxs, acompañado dunha aperta de mans.

Así, este curso 2018.19, traballarei con diferentes equipos, elixidos polo alumnado cada trimestre.

Xs capitanxs saen dun xogo de eliminación, neste caso, o xogo de CARA–CRUZ.

*  Xogo de atención e                     axilidade mental.
          Parten colocados en fila               mirando cara min.
Cando escoiten cara viraranse cara min, cando escoiten cruz, daranme as costas.
Para despistar: repetirei varias veces seguidas a mesma orde, modularei a voz elevándoa ou baixándoa...



Cada capitanx irá elexindo os mebros do seu equipo de xeito ordenado, seguindo unha única premisa: que os equipos deben ser mixtos.

Estes son os EQUIPOS do primeiro trimestre: