Dentro da miña metodoloxía de traballo
na materia de E.F. o XOGO EN EQUIPO,
ten un gran protagonismo. Durante as sesións hai momentos para todo tipo de
actividades segundo o agrupamento: gran grupo, pequeno grupo, parellas, individual...
e equipos!
Está comprobado que formar parte de un equipo fortalece a honestidade, establece
disciplina, motiva a responsabilidade e xenera compromiso.
As actividades nas que se enfronten os
equipos, deben ser formativas, lúdicas, motivadoras, chamativas, sorprendentes...
de xeito que promovan unha competitividade san, sacando o mellor de cada
compoñente do equipo.
En cada equipo, fomentarei o respecto: que todos os membros se
sintan valiosos, que saiban recoñecer as súas posibilidades e limitacións e respecten
as dos seus compañeirxs... Destacando que o máis importante é o proceso, a
actividade en si, e non o resultado. Xs alumnxs deben aprender a gozar a pesar
dos resultados numéricos.
“A FELICIDADE É UNHA ELECCIÓN,
NON UN RESULTADO.
NADA CHE FARÁ FELIZ
ATA QUE TI ELIXAS SER FELIZ”
É fundamental o “xogo limpo”, e tamén o saber
gañar e saber perder... Na miña filosofía de ensinanza, a frase coa que
remata cada actividade e a de “BEN XOGADO”, coa que os membros de cada equipo felicita xs compañeirxs, acompañado dunha
aperta de mans.
Así, este curso 2018.19, traballarei con
diferentes equipos, elixidos polo alumnado cada trimestre.
Xs capitanxs saen dun xogo de
eliminación, neste caso, o xogo de CARA–CRUZ.
* Xogo de atención e axilidade mental.
Parten
colocados en fila mirando cara min.
Cando escoiten cara viraranse cara min, cando escoiten cruz, daranme as
costas.
Para despistar: repetirei varias veces seguidas a mesma orde, modularei a
voz elevándoa ou baixándoa...
Cada capitanx irá elexindo os mebros do
seu equipo de xeito ordenado, seguindo unha única premisa: que os equipos deben
ser mixtos.
Estes son os EQUIPOS do primeiro trimestre:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.