O CONCELLO DE PONTECESURES leva varios
anos levando a cabo unha iniciativa relacionada co fomento da lectura, baixo o
nome...
LER... CONTA MOITO!
Grazas a ela, o alumnado do noso cole,
pode beneficiarse de sesións de CONTACONTOS, na BIBLIOTECA MUNICIPAL.
Durante todo o mes, todxs os nenxs, gozaron
destas sesións. E hoxe tocoulle a quenda xs alumnxs de 3º e 4º de primaria.
Nesta ocasión, a temática, o centro de interese en torno ao que xiraban as hisorias, era... A COMIDA!
* Unha nena moi mal comedora...
* Outra que no seu cumple empachaba por golosa...
* Unha vaca que puxo un ovo...
* E un coelliño que so comía cousas de cor verde...
Pasamos un gran rato grazas as historias que encerraban os libros que a nosa contacontos nos contou (valga a redundancia).
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.