O alumnado de 5º de E.P. que
non optou pola ensinanza da relixión, cursan a materia de VALORES SOCIAIS E CÍVICOS comigo.
Comezamos o curso analizando
o nome peculiar desta materia... pois sen dúbida sabelo é fundamental.
Empregamos un dicionario:
“VALOR: Convicción
profunda dos seres humanos que determinan a súa maneira de ser e orientan a súa
conduta”.
(Os valores involucran os
nosos sentimentos e emocións. Valores, actitudes e conduta están intimamente
relacionados. De acordo coas súas experiencias, cada persoa constrúe un sentido
propio dos valores).
“SOCIAL: relativo ou pertencente á unha sociedade”.
(Unha sociedade é unha forma de organización
característica do ser humano e de certos animais, que consiste en agrupacións
de individuos entre os que se establecen relacións organizadas, ben por leis
naturais, ben por medio de institucións, regras..)
“CÍVICO: relativo ao
civismo”
(O civismo é a calidade do
cidadán que cumpre cos seus deberes e responsabilidades como tal).
Unha vez analizado o nome da nosa materia,
explicamos entre todos que entendemos polos Valores Sociais e Cívicos,
intentado pescudar que temática seguirá a materia, que temas abordaremos, que
aspectos da realidade e da actualidade son merecedores de prestarlles máis
atención...
Para min, como mestra, penso que esta materia
ten unha gran importancia para a formación dxs alumnxs, posto que é fundamental
para a vida en sociedade: axudar a formar persoas cuns valores que engloben
aspectos como o respecto, a tolerancia, a empatía, a igualdade, o saber
comportarse...
Tendo todo isto en conta, e atopándonos no
inicio do curso, o mellor punto de partida sería comezar por unha GUÍA DE CONVIVENCIA para o alumnado de 5º, feita polxs propixs alumnxs...
E así o fixeron...
Xuntáronse e abriron unha
mesa de debate na que foron redactando normas de comportamento na aula.
E, despois de varias sesións de traballo...
Este é o
resultado!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.