Os corredoiros do cole enchéronse de cabazas, vasoiras, cestas de
outono, e demais DECORACIÓN relacionada coa temática.
En plástica, xs alumnxs de 5º E.P.
elaboraron, en equipo, unhas “coroas de Samaín” para adornar as portas.
Ataviados de vestimentas aterradoras, comezamos o día acudindo ao VI CERTAME DE RELATOS E VÍDEOS DE TERROR.
O alumnado da E.S.O. tíñanos preparada unha pequena obra de teatro
na que os xoguetes cobraban vida para relatarnos unha historia terrorífica.
Entregáronse os premios aos mellores relatos e vídeos de terror.
Durante o certame, tamén puidemos ver as curtametraxes realizadas.
Aquí vos deixo as de:
* 5º de E.P: “UN OLLO DE
VIDRO”
* 1º, 2º, 3º, 4ºA e 4ºB de E.P: “E.F. ENFEITIZADA”
* Os realatos e vídeos
premiados podedes velos no blog de “O trasno paroleiro” (Equipo de Dinamización
e Normalización da Lingua Galega).
O tempo non axudou, e o MAGOSTO pasado por augo, impediu que
puidésemos gozar da sesión de XOGOS prevista. (Intentaremos realizalos noutro
momento, cando o clima o permita.
Degustamos as exquisitas castañas nas aulas, e cada grupo adicou o tempo que estaba reservado aos xogos, a outro tipo de actividades: visionado dunha película, xogos de mesa, tempo de xogo por equipos...
Ao final, a choiva non nos estropeou a festa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.