luns, 1 de outubro de 2018

PLÁSTICA


Moitas veces a PLÁSTICA é unha materia que por parte do alumnado, e tamén das familias, non ten a mesma “consideración” educativa que outras, que son consideradas de “primeira categoría”, coma as matemáticas, as linguas, ou mesmo as ciencias... quedando a educación artística (plástica e música) xunto coa educación física relegadas á “segunda categoría”.

A EXPRESIÓN PLÁSTICA é un tipo de linguaxe do pensamento. A través dela, xs nenxs transmiten as súas vivencias, ao tempo que é unha mostra das aprendizaxes realizadas. Isto contribúe ao desenvolvemento intelectual, emotivo e sensorial.

Debemos promover a actividade plástica como medio de comunicación, potenciando a capacidade de creación e expresión persoal. Para iso temos que facilitar que xs alumnxs exerciten a coordinación óculo-manual, temos que axudarlle a ampliar e diversificar os seus esquemas gráficos e facilitarlle unha gran variedade de recursos.

Así a expresión plástica debe contribuirá ao desenvolvemento integral dx nenx : cognitivo, motor, afectivo, social...  Sen esquecernos de que o máis importante na actividade plástica é a CREATIVIDADE.

Hai que conseguir que a través da expresión plástica xs nenxs se coñezan a si mesmos  e sexan capaces de desenvolver as súas potencialidades e aprendrr a valorarse e quererse coas aptitudes que ten, pero sempre promovendo o afán de mellora e superación.

Destacar, que na expresión plástica o máis importante NON é o produto final, senón o proceso creador en si. A obra final é un reflexo dx nenx, que contén: os seus coñecementos, a súa personalidade, os seus intereses, como interpreta o medio, como entende a realidade...

O progresivo control e domino dos materiais e técnicas permitirá que x nenx desenvolva unha expresión plástica máis libre e que se manifeste tanto emocional coma cognitivamente.


Na primeira sesión  de plástica pedinlle xs alumnxs que realizasen un debuxo libre. Con el pretendía coñecer precisamente as ideas e aprendizaxes previos a nivel plástico.

Na segunda sesión, explicaron oralmente aos seus compañeiros:
* Que debuxaron? e por que?
* Que materiais empregaron? e por que?



A gran maioría optou por debuxos realistas e case todos empregaron ou ceras ou pinturas de madeira... Este é un “estereotipo” plástico, debido a que, seguramente ao longo da súa escolaridade son os recursos que máis empregaron, ou que máis tiveron que empregar...

Este curso imos a romper con iso... achegarémonos ao coñecemento de diversas obras e artistas, empregaremos diversas técnicas e materiais... e o punto de partida serán os gustos e motivacións dxs alumnxs, por iso, na seguinte sesión abriremos unha choiva de ideas na que entre todos explicarán:
* O que máis e o que menos lles gusta  de plástica?
* Que técnicas lles gustaría probar?
* Con que materiais lles gustaría traballar?

Pois non nos esquezamos que xs alumnxs deben ser os protagonistas da súa aprendizaxe!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.