O primeiro tema que abordamos dende CIENCIAS SOCIAIS foi...
O UNIVERSO
Un tema, que de por si, soe suscitar interese
no alumnado. A pesar de que xa coñecen moitas cousas e teñen moita información
sobre o tema, de cursos anteriores, sempre aparecen curiosidades e datos novos
que conseguen captar a atención dxs nenxs, convertendo O ESPAZO, nun tema motivador e abraiante.
Acudimos á BIBLIOTECA do centro para recompilar todos os libros relacionados
co tema (tamén aproveitamos para coller libros sobre o tema traballado en
ciencias naturais: o corpo humano). Estes libros, pasaron a formar parte da
nosa biblioteca de aula, e empréganos na hora da lectura (20 minutos despois do
recreo); e quedan a disposición do alumnado para consultalos sempre que
precisen ou consideren.
Dende a antigüidade, o ser humano alzou a vista ao ceo, con
afán de saber máis... Comezamos a
estudalo e aínda así, debido ao carácter infinito do universo, apenas coñecemos
unha parte moi, moi pequena do mesmo.
Estudamos aspectos relacionados cos astros que conforman o universo:
estrelas, galaxias, constelacións, cometas, meteoritos... e planetas,
concretamente os do noso Sistema Solar.
Centrámonos na Terra, e descubrimos que é
un planeta en capas, cada unha
cunhas características propias.
Tamén traballamos cos movementos que fai o noso planeta, un
concepto, un tanto “abstracto” para a mente dxs nenxs, pois, dende o noso punto
de vista, parece que somos nos o que estamos quedos, mentres que é o resto do
universo o que se move...
Por iso empregamos un técnica para
intentar entender a rotación e translación da Terra... Xs propios
nenxs asumiron o papel de Terra, Sol e Lúa!
Así tamén traballamos os eclipses: de
Lúa e de Sol.
Como tarefa final, cada alumnx tivo que
realizar unha “maqueta” sobre algún
dos conceptos traballados no tema.
Explicaron ante os compañeiros, que representaba a
súa maqueta e como a elaboraron.
Con todas as maquetas realizamos unha EXPOSICIÓN, titulada:
SISTEMA SOLAR
Preparamos invitacións, e levámosllas xs compañeirxs dos diferentes niveis de
primaria, para que se acheguen a vela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.