A EDUCACIÓN FÍSICA é unha disciplina fundamental para a formación integral do alumnado. Para que exista unha educación integral, corpo e mente deben ser unha unidade. Por este motivo a E.F. ten que deixar de tratarse como unha materia de segunda categoría e, tanto mestrxs como familias, debememos equiparala en importancia ao resto de materias.
Dende a infancia, a educación física axuda a que x nenxs desenvolvan destrezas motoras, cognitivas e afectivas.
Pois a través da E.F. xs alumnxs executan e crean novos patróns de movemento.
Deste xeito expresan a súa espontaneidade á vez que se fomenta a creatividade.
O movemento é un dos instrumentos
cognitivos fundamentais do ser humano, por medio del, x alumnx coñécese a si
mesmo e así e quen de establecer un punto de partida para explorar e estruturar
o seu entorno.
O xogo é unha ferramenta
fundamental na E.F. de feito, é o protagonista indiscutible. A través del, xs
nenxs traballan todos os aspectos relacionados coa educación física.
A través da E.F. ademais de coñecer o seu propio corpo, descobren as súas capacidades e limitacións e intentan
superalas. Isto é fundamental para valorarse a si mesmos e respectar aos
demais.
A actividade física debe estenderse ao
longo de toda a vida, para posibilitar que as persoas desenvolvan plenamente a
súa actividade cotiá. Un estilo de vida saudable vai acompañado de hábitos de
alimentación, de hixiene e tamén de actividade física, aspectos que se traballan
dende a E.F.
De feito, hoxe en día, todo isto cobra unha maior importancia, posto que xs
nenxs e xs adultxs, levan cada día un estilo de vida máis sedentario, sendo preciso,
dende a escola, e dende a materia de E.F. concienciar sobre este problema, e inculcarlle
ao noso alumnado hábitos de vida
saudables.
Este curso teño a sorte de impartir clase ao alumnado de 5 grupos de primaria, dende 1º a 4º nivel.
Neste blog irei incluíndo diversas publicacións sobre diferentes actividades levadas a cabo co meu alumnado na área de E.F.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.