sábado, 27 de outubro de 2018

"PILLA-PILLA"

 O inicio da sesión de E.F. sempre inclúe un QUECEMENTO.

* O quecemento é o conxunto de exercicios dos músculos e das articulacións que teñen como finalidade preparar ao organismo para un mellor rendemento físico e para evitar lesións.

Moitas veces, o quecemento ten como fío condutor un xogo que todxs coñecemos... o “PILLA-PILLA”, pero introducindo variantes, materiais...

* “PILLA – PILLA CON CORCHOPÁN”: Varios alumnos, cun corchopán na man, deben tocar no tronco xs compañeirxs para pillalos, ata que non quede ningún. A quen pilla, permanece de pé coas pernas abertas; para salvarse, un compañierx debe pasarle entre as pernas.



* “PILLA – PILLA DE ALTURAS”: a mecánica do xogo é a mesma que un pilla pilla normal, pero para permanecer a salvo, a casa é subirse aos bancos, onde non poden permanecer máis de 5 segundos. Pódese introducir ou modificar a maneira de salvar: tocar nunha parte determinada do corpo, dar unha aperta...



* “PILLA – PILLA EN CADEA”: todo un clásico. Un comeza pillando, e cada nenx que pilla únese “a cadea”, agarrados da man, para seguir pillando, ata que non quede ninguén.


* “CAZA BOLBORETAS”: todxs son bolboretas que “voan” polo bosque, x cazador, dotado cun aro, debe intentar atrapar ás bolboretas introducindo o aro “cazabolboretas” pola cabeza. A quen pille, debe coller un aro e axudar a pillar ás demais bolboretas ata que non quede ningunha.



* “O COIDADOR DE MONOS”: un nenx é o coidador, e xs demais son monos; uns monos moi inquedos que só queren xogar e trepar ás árbores (espaleiras). O coidador parte dende unha zona marcada, os monos agardan todos en liña imitando o son e os movementos deste animal. Ao asubío do chifre o coidador sae para intentar pillar ao monos, mentres estes escapan a catro patas intentando trepar ás espaleiras para estar a salvo. Os monos pillados convértense en coidadores, ata que non queda ningún.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.