domingo, 7 de outubro de 2018

SEMANA DE CIENCIA

O luns demos o pistoletazo de saída a unha SEMANA DE CIENCIA, onde o alumnado de 5º sumerxiuse de cheo no mundo dos experimentos.

Xa que este curso o traballo en equipo vai a ser un modelo moi socorrido, que mellor maneira de poñelo a proba, que nun tema tan motivador e abraiante.

Neste caso, os equipos estaban formados polos 4 compañeirxs de mesa que elixiron sentarse ao comezo do curso. Para vindeiras ocasións, os equipos irán mudando.

Esta vez, tiñan carta branca: primeiramente, e de xeito individual, empregaron os ordenadores para buscar experimentos que lle resultasen atractivos ou interesantes. Fixeron unha posta en común, na que cada membro do equipo lle explicaba os experimentos que escolleu, e de maneira democrática, debían elixir un experimento para realizalo ante os compañeiros.



Unha vez elixido o experimento: anotaban os ingredientes e materiais precisos para levalo a cabo. Tamén debían ler detidamente o procedemento para levalo a cabo e repartilo entre os diferentes membros. Incluso buscar se había algunha imaxe ou vídeo sobre como se realiza o experimento para ter unha referencia.

Esta semana de ciencia tamén nos serviu para que xs alumnxs “probasen” como se sentían ao ter que realizar unha exposición oral antes todxs xs compañeirxs.








Había nervios, vergonza, inseguridade... pero sen dúbida valeu a pena e serviulles para facer melloras e sobretodo para correxir erros para futuras exposicións.
Na gran maioría dos experimentos houbo erros acompañados de desilusión... pero, a ciencia é así!

Déronse conta da importancia das cantidades, de que un pequeno erro fai que o experimento falle, que hai que realizar diversas hipóteses e comprobalas facendo as variacións e os axustes que sexan precisos... de que canta máis e mellor información mellor discorrerá o experimento, e sobretodo que...

A NAI DA CIENCIA... É A PACIENCIA!

Analizamos cada experimento entre todos para ver que era o que pasaba. Que procesos químicos ocorrían, por que se comportaban así...
Aprender e entender a través de experimentos científicos.

Repetimos varios dos experimentos fallidos...



Unha vez analizados e corrixidos os nosos erros, pronto repetiremos algúns destes experimentos, pero neste caso para compañeirxs de outros niveis...

Así o faremos a comezos de novembro con motivo da celebración do DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (4 de Novembro).


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.