sábado, 30 de maio de 2015

LECTOESCRITURA: Letra H

Tocoulle o turno á letra H, unha letra moi particular, xa que non fai ningún son... "é mudiña" polo que foi complicado par os pequenos pensar palabras e non paraban de dicir "profe, que difícil". E é certo porque o oido non lles valía e moito e neste caso había que empregar a memoria. Pero con algunha pista, fórenselle ocorrendo palabriñas...

Aínda así é unha letra especial para a clase, xa que dúas alumnas téñena coma inicial: 


De novo, as ideas do noso proxecto sobre os animais, deixouse notar, nas palabras que foron saíndo:



As veces no corcho non saen todas as palabras, pero ao sentarse e escribir no folio, póñense a pensar en alto xunto cos compañeiros de mesa, sempre sae algunha máis:


venres, 29 de maio de 2015

A ÚLTIMA BOLBORETA

Tal e como estábamos esperando, ao entrar na aula a última BOLBORETA papilio machaon xa saira do seu casulo.

Encántame ver as caras de sorpresa dos pequenos, e o moito que lles gusta esta bolboreta. Esta é a que nace e aínda así a súa fermosura segue abraiándonos.



Despois de observala de preto... SOLTÁMOLA!



xoves, 28 de maio de 2015

VERMES DA SEDA e DO ANÍS

Hoxe foi un gran día xa que tivemos a sorte de presenciar 2 cousas incribles en relación aos vermes da seda e do anís.

* Nada máis entrar na clase, como cada día, miramos na urna dos vermes do anís para ver se do último sae a bolboreta, e hoxe quedamos abraiados ao ver que estaba dunha cor estraña... 

O casulo era verde clariño, pero estaba máis escuro, tirando a negro e como con manchiñas amarelas... pero ao mirar fixamente decatámonos que o que estabamos vendo eran as ÁS da bolboreta!

Estivemos atentos ao longo de toda a mañán, e ao subir do recreo, o casulo movíase (mellor dito, a bolboreta de dentro do casulo movíase). Foi moi impactante!
Sen embargo non houbo sorte e non saiu... seguro que mañán ao entrar na aula veremos a fermosa  BOLBORETA!



* O luns tivemos a charla sobre os vermes da seda. Durante este mes puidemos observar como medraban os vermes e como facían os seus casulos. 
Pero hoxe grazas a BLAS (un alumno da clase de 5 anos A da profe Manola) trouxo ao cole as POLILLAS.
Non eran tan espectaculares como as bolboretas do anís, pero tamén nos impresionanron moito.
Recordamos o que nos contaron na charla, de que como estaban domesticadas non podían voar.
Encantounos poder ver así o preceso enteiro da METAMORFOSE!





LECTOESCRITURA: Letra J

Se estivemos ás voltas coa G, aproveitsmos para pararnos tamén na LETRA J, xa que as pillabanas da E e da I, intentan enganarnos e fan a mesma son cando se xuntan coa G e a J. Menos mal que está a U para meterse polo medio e poñer orde! 
Nestes casos xa non abonda con afinar o oido para recoñecer as letras, hai que poñer en xogo a memoria. 

A J non estaba presente nos nosos nomes, pero si no dunha mestra, a titora de 5 anos B. E o avó de Paula tamén comeza por esta letra.


Non podían faltar os ANIMAIS coa letra J:



Xusto hoxe era JUEVES e ao rematar este mes de maio comezará JUNIO...


Tamén se nos ocorreu algunha que outra cousiña ao pasalo ao PAPEL...





mércores, 27 de maio de 2015

DE PICNIC!

O bo tempo permitiunos hoxe sair a desfrutar da nosa hora da MERENDA ao aire libre. Un PICNIC improvisado debaixo do gran carballo que hai no patio do noso cole!



Tivemos a sorte de atoparnos cun insecto moi curioso e interesante, e de gran tamaño.
Coñécese como : RALO
* ALACRÁN CEBOLEIRO: porque se alimenta dos bulbos (cebolas) das plantas.
* GRILO TOUPA: por ter as patas dianteiras moi curtas e parecidas ás das toupas.



Unha vez rematamos aproveitamos para "tomar o sol"... 



E por suposto, todos os desperdicios á papeleira, para deixar o entrono limpiño!



martes, 26 de maio de 2015

LECTOESCRITURA: letra G

* Hoxe toculle o turno á letra G que xa coñecemos de sobra xa ue é a incial de dous dos nosos compañeiros:



O MEU NOME COMEZA POR G: GABRIEL

O MEU NOME COMEZA POR G: GABRIELA

Que ANIMAIS pensamos coa letra G?



EU PENSEI NO GATO. BRUNO

EU PENSEI NO GUEPARDO. ZOE

EU PENSEI NA GALIÑA. ROI

EU PENSEI NO GALLO. ENMA

EU PENSEI NOS GUSANOS. LUCAS


Pero tamén pensamos cousas coa letra G (algunha seguia a estar relacionada cos animais...)



EU ESCRIBÍN GRANJA. HIWOT

EU ESCRIBÍN GRANJERO. LARA

EU ESCRIBÍN GUISANTE. TELMO

EU ESCRIBÍN GALIÑEIRO. DAMIÁN

Despois de pasar polo corcho coa "choiva de ideas" e de escribir na PDI, sentámonos para transcribir as palabras no papel.

Nese momento, sempre aprecen palabras novas que se van ocorrendo e que van comentando entre os compañeiros de mesa. Moi enriquecedor!



 


luns, 25 de maio de 2015

VERMES DA SEDA

VERMES DA SEDA 2014

O curso pasado (no 3º trimestre, abril 2014)tivemos a sorte de encargarnos do coidado destes curiosos bechos e observar de preto todo o seu proceso de crecemento.

A Concellería de Industria seleccionou varios colexios para participar no proceso de coidado dos VERMES DA SEDA, e para iso facilitou varias caixas con estes vermes, pero en diferente estadio de desenvolvemento.

A nos tocuonos unha caixiña cos vermes pequerrechiños...



Alimentámolos con follas de moreira. E comeron e comeron e medraron e medraron ata facer os casulos.

Pero non sairon antes de rematar o curso. Así que os alumnos de 6º de E.P. (que lles tocartan vermes de maior tamaño que lles deu tempo a facer a metamorfose e sair do casulo) viñeron a ensinaros as bolboretas (polillas).


VERMES DA SEDA 2014

Este curso non tivemos estes vermes ao noso cargo, pois dedicámonos a coidar aos vermes do anís. 

Aínda así fomos polas diferentes clases para ver os vermes da seda dos nosos compañeiros. 



Os alumnos de 5 anos A da profe Manola, prestáronnos a súa caixiña para ver como facian os casulos, e dun día para outro, os vermes sairon fora da caixa, treparon pola estantería e fixeron varios casulos, un nun DVD... incrible!

Poidemos observar como o vermiño se ia envolvendo coa seda e facendo o casulo!


Así que agora tócanos agardar unhas semaniñas ata ver como sae a polilla.

               CHARLA VERMES DA SEDA

Hoxe viñeron (dende o ministerio de industria) a darnos unha charla sobre os vermes da seda.

O primeiro que nos dixeron, e que a pesar de chamalos "vermes" en verdade son orugas, xa que teñen patas (os vermes non as teñen).

Para explicarnos a procedencia destes animais, contáronnos unha historia:


"Hay miles de anos, un emperador chino que tiña como maior riqueza o seu inmenso xardín cheo de árbores diferentes, deuse conta que a unhas árbores desaparecíanlle as follas, e mandou averiguar que era o que as roubaba e ameazou con cortarlle a cabeza. 
Coma ninguén fora, o emperador pediulle á princesa que pasease polo xardín e vixiase ás árbores. Pero non via nada.
Un día tomando un te quentiño sentatada baixo esa árbore sentiu algo que lle caira na taza, e ao meter o dedo, notou un fiiño que por máis que tiraba non se acababa...
O que lle caira no te era un casulo de verme da seda. 
Así decatouse que eran estes vermes os que comían as follas.
Ao emperador pareceulle tan fascinante que decidiu domesticar eses animais e comezar a traballar a seda."

De feito, hoxe en día, os vermes so sobreviven se os coidamos e alimentamos, soltos na natureza non sobreviven. Por eso motivo , cando sae a polilla do casulo, non voa.

Despois de escoitar esta fermosa historia. Ensináronnos os diferentes tipos de vermes da seda: lisos, con pecas, con raias, brancos, escuros... (igual que as diferencias físicas das persoas). 

Tamén nos ensinaron diferentes casulos: brancos, amarelos e laranxas, dos vermes domésticos. Habia un verde, pero ese era dun verme salvaxe (que hoxe en día é moi difícil de atopar).


Para rematar pudemos ver como se desfai o casulo para conseguir a seda: dentro dunha pota con auga quente, o casulo vaise desfacendo, collése unha punta e vaise entrolando...

Puidemos tocar diferentes fios de seda e teas feitas con eles...


Aprendemos moito!

MALETÍN DOS ANIMAIS

Comezamos a semana abrindo o noso MALETÍN DOS ANIMAIS que chegou da casa de DAMIÁN para aeriguar todas as cousas que agochaba no seu interior sobre os seus animaliños.

Despois de contarnos que o pasara moi ben vendo o álbum e observando todos os cromos coa súa famila. Damián comezou a falarnos sobre o que escribira no LIBRO DAS MASCOTAS: 

* Primeiro falounos do seu CANARIO Pirri, que é dunha cor laranxa claro moi chula e que lle encanta bañarse nunha minipiscina que lle teñen preparada na súa xaula.

* Despois falounos de que na casa dos seus avós de Herbón ten un CAN que se cha ROCKY, ao que lle encanta ver os debuxos animados con Dami.

Alí ten un montón de GALIÑAS, ás que lles vai coller os ovos.
Un día Dami trouxonos unhas fotos das súas galiñas cos ovos... saíndolle PITIÑOS. Que pasada!




* Na casa da súa tía ten 2 tartarugas: Peppa e George (na hora dos debuxos de Peppa Pig)

* Entusiasmado falaunos de cando vai a Negreira, á casa da súa madriña e de Nolo, que teñen unha granxa. Damián de maior quere ser GRANXEIRO, por iso o pasa en grande montando no tractor, dándolle de comer ás vacas, ós puchos, ós porcos...

* Tamén nos falou da PLAZA de Pontecesures, onde traballa a súa avoa vendendo peixe, e a quen foi o sábado a facerlle unha visita e ver todos os peixes que vende. Sacou unha foto cunha merluza, pero tamén había rapes, xardas, bacallaos...

De paso foi á onde traballa a súa nai en "Mariscos Patiño", onde quitou unha foto cun boi (ao que lle tiña que vixiar as pinzas para que non lle pillase os dedos) viu nécoras, cigalas, amiexas...

Damián aproveitou ao máximo ás páxinas desta libro facendo un longo percorrido por unha gran variedade de animais. Xenial!




Esta semana o MALETÍN DOS ANIMAIS marcha par a casa de ROI.  


domingo, 24 de maio de 2015

SUBE AO TREN DA LINGUA

No curso 12.13 todo o alumnado do CPI de PONTECESURES grabamos un LIPDUB baixo o nome "SUBE AO TREN DA LINGUA" na que intentamos facer un percorrido polas diferentes épocas, diferentes profesións, situacións e ámbitos no que o noso idioma esta presente.

A ver se recoecedes a algúns dos alumnos que saen: irmáns maiores, curmáns, amigos...

Aquí volo deixo... espero que vós guste!


sábado, 23 de maio de 2015

XOGANDO BAIXO O SOL!

O que máis nos gusta do bo tempo e do sol e poder desfrutar do noso patio de recreo, tanto do xogando no areeiro cos cubos e as palas como divertíndonos no balancín ou nos demais aparellos de xogo que temos no noso patio. 


venres, 22 de maio de 2015

CUMPREANOS BRAIS

Hoxe tocoulle a BRAIS entrar no clube dos 5 ANOSUnha man enteiriña...

MOITAS FELICIDADES BRAIS!


Para celebralo con toda a clase, trouxo uns cucuruchos de chuches. E a súa nai acercounos na hora do recreo un biscoito recén feito, que viña quentiño quentiño e estaba para chupar os dedos. 


Co cumpreanos de Brais damos por finalizado os ANIVERSARIOS. Os nenos que aínda non cumpriron 5 anos farano unha vez rematado o curso.

No periodo de verán, concretamente no mes de Xullo cumpriran: ABI, LARA e YERAY.

E no primeiro trimestre do vindeiro curso, canda xa estén na clase de 5 ANOS (6º de Educación Infantil) estarán de cumpre:
En Outubro: HELENA
En Novembro: GABRIELA, ZOE e PAULA


xoves, 21 de maio de 2015

LECTOESCRITURA: Letra V

E despois de facer unha paradiña na B, tivemos que revisar tamén a V, xa que estas letras son un pouco xoguetonas, e queren engananrnos, xa que cando soan fano igual, por iso ademais da orella hai que poñer en marcha a memoria...

Como esta letra non a identificamos con ningún dos nosos nomes, directamente puxémonos a pensar (ainda que polo media colábanse palabriñas coa B)










OS NOSOS ANIMAIS...

Estou moi contenta pola gran acollida que este curso tivo o noso proxecto sobre OS ANIMAIS.

É incrible o grao de implicación tanto dos alumnos coma das súas familias: a maleta viaxeira e o maletín dos animais favoreceron esa vinculación e achegamento. Na aula os recunchos dotados e preparados especialmente con materiais epecíficos sobre este tema tamén favoreceu o clima de aprendizaxe. Pero é sorprendente a gran cantidade de libros informativos, contos, xoguetes, peluches e outros materiais que os nenos trouxeron ao cole das súas casas, e os que seguen traendo.

Todo isto sérvenos cada día para vertebrar e guiar a nosa liña de aprendizaxe, en torno aos ANIMAIS. E que mellor maneira que facelo con algo propio e persoal dos nenos que deste xeto convértese en significativo para eles e cala na súa memoria dun xeito mais eficaz.

Cada un fala do seu animal fronte a todos os seus compañeiros, descríbello e entre todo ímolo analizando e clasificandoo conforme ao que levamos aprendido: grupo ao que pertence, tipo de alimentación, necemento, hábitat, desprazamento... Tamén pensamos entre todos se coñecemos algun texto sobre o animal: adiviña, poesía, trabalinguas, refrán, canción...

Estes son algúns dos animais que trouxeron durante este mes:


LEÓN    VACA    MORCEGO


HÁMSTER    TIGRE    BURRO


KOALA    TARTARUGA     CAN 
(terrestre)


OURIZO  TARTARUGA   LÉMUR /  PAPAGAIO
(MARIÑA)       


PINGÜÍN    TARTARUGAS    CROCODILO
(terrestre e mariña)          

    
OSIÑOS

mércores, 20 de maio de 2015

OS NOSOS GRANXEIROS

Mirade que GRANXEIROS tan chulos fixemos... despois de tanto falar dos animais da granxa non podíamos esquecernos de quen se ocupa do seu coidado!

Danlles de comer, de beber, mantéñenos limpos e coidados, limpan o lugar no que viven... Empregan os animais para que os axuden nas tarefas da granxa (vaca para arar a terra, cabalo para arrastrar o carro...) e benefícianse dos productos que dan: carne, leite, ovos, pel...

Este é o resultado. Que vós parece?