mércores, 6 de maio de 2015

ANIMAIS: Babosa e Caracol

O outro día, no medio dunha planta que trouxo un alumno de 5 anos ao cole viña escondida unha BABOSA (Lesma) e pedímoslle que no la prestase para poder observala de preto. 

Por casualidade ese mesmo día cando saía a Psicomotricidade cos de 5 anos, atopei no patio un CARACOL.


Veunos xenial atopar estes dosu animais xa que nos permitiu coñecer a un novo grupo: OS MOLUSCOS TERRESTRES.

* Son animais invertebrados (non teñen esqueleto interno)
* Teñen o corpo brando. Algúns ppódeno ter protexido por unha cuncha.


Falamos de que se desprezan arrastrándose, pero teñen coma unha "ventosa" na parte inferior do seu corpo que lle permite "pegarse" e así subir por todas partes. 

CURIOSIDADE: O caracol emprega a BABA para desprazarse. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.