martes, 12 de maio de 2015

ANIMAIS: ÁGUIA

Hoxe foi un día repleto de sorpresas e de animais sorprendentes, xa que despois de estar co DRAGÓN tivemos a sorte de coñecer a PATRIOTA unha águia que forma parte da brigada militar. 

Todos os cursos de E.I. e de E.P. puidemos asistir a unha exhivición de voo corto coa que PATRIOTA  e a súa adestradora NURIA, fixéronnos quedar abraiados e encantados. 


Foi realmente espectacular ver tan de preto un animal tan fermoso e poder sorprendernos cando saía voando en direción a Nuria despregando as súas grandes e maxestuosas ás.


Nuria encargouse tamén de darnos unha peuena charla sobre este tipo de animais:
* Patriota pertence ao grupo das AVES RAPACES (fixo unha comparativa de tamaños con varios exemplos deste tipo de aves)
* É CARNÍVORA: a súa comida preferida son os coellos, os ratos e as codornices
* Coma todas as aves é OVÍPARA
* Non ten dentes, aliméntase desgarrando co pico a carne das súas presas, e logo trágaa directamente sen mastigar (xa que non ten dentes)  e gardala no buche.


Despois tivemos a sorte de que Nuria e Patriota subiran á nosa clase para despedirse de nós.


Moitas grazas por todo NURIA e PATRIOTA!

Grazas tamen a Juanma, o papá de Lucía, que sen a súa colaboración esta experiencia inolvidable para os rapaces, non houbese sido posible!

Aquí están os debuxos que os nenos fixeron da águia Patriota. Que tal lles quedaron?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.