Hoxe foi un gran día xa que tivemos a sorte de presenciar 2 cousas incribles en relación aos vermes da seda e do anís.
* Nada máis entrar na clase, como cada día, miramos na urna dos vermes do anís para ver se do último sae a bolboreta, e hoxe quedamos abraiados ao ver que estaba dunha cor estraña...
O casulo era verde clariño, pero estaba máis escuro, tirando a negro e como con manchiñas amarelas... pero ao mirar fixamente decatámonos que o que estabamos vendo eran as ÁS da bolboreta!
Estivemos atentos ao longo de toda a mañán, e ao subir do recreo, o casulo movíase (mellor dito, a bolboreta de dentro do casulo movíase). Foi moi impactante!
Sen embargo non houbo sorte e non saiu... seguro que mañán ao entrar na aula veremos a fermosa BOLBORETA!
* O luns tivemos a charla sobre os vermes da seda. Durante este mes puidemos observar como medraban os vermes e como facían os seus casulos.
Pero hoxe grazas a BLAS (un alumno da clase de 5 anos A da profe Manola) trouxo ao cole as POLILLAS.
Non eran tan espectaculares como as bolboretas do anís, pero tamén nos impresionanron moito.
Recordamos o que nos contaron na charla, de que como estaban domesticadas non podían voar.
Encantounos poder ver así o preceso enteiro da METAMORFOSE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.