BRUNO tíñanos gardada unha gran sorpresa que hoxe por fin se desvelou...
Ao poquiño de comezar a mñá. entraron pola porta da nosa aula, CRIS, a "mamá" de Bruno, e PABLO, o seu primo, que se encargaron de sacarnos da intriga...
E que era o que traían?
Pois nada mais e nada menos que un DRAGÓN!
Este dragón é a MASCOTA de Pablo, que nos explicou que coidados precisa:
* teno nun terrario que recrea o seu hábitat
* precisa calor, de xeito que lle ten unh lámpada
* dalle de comer vermes
Observando ao DRAGÓN démonos conta que pertencía ao grupo dos RÉPTILES:
* corpo cuberto de escamas duras
* patas curtas a ambos lados do corpo que emprean para reptar.
* ovíparos
Pablo deixounos que o tocásemos e que os máis atrevidos o collesen na man.
Así pudemos empregar o tacto para descubrir máis deste peculiar animal.
O Dragón (que entre todos bautizamos como PINCHITOS, por maioría) portouse xenial, estivo super tranquilo cos pequenos.
Desfrutamos moitísimo e encantounos poder coñecer de preto este fermoso e pouco habitual animal.
Temos que agrdecerllo a Cris e a Pablo por facelo posible!
Estes son os debuxos que os pequechos fixeron sobre o DRAGÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.